O proceso de adhesión á campaña Bonos Padrón avanza cunha alta participación dos negocios locais

17 Novembro 2025

O Concello de Padrón mantén aberto o proceso de adhesión dos establecementos interesados en participar na primeira edición da campaña Bonos Padrón. Padrón ten o que precisas, unha iniciativa do Goberno municipal destinada a incentivar as compras e o consumo nos negocios locais durante o mes de decembro.

O Concello sinalou que “desde a posta en marcha do formulario de rexistro, a resposta do tecido comercial, de hostalería e hospedaxe está a ser moi positiva, con numerosos locais incorporados nas primeiras xornadas e múltiples consultas doutras empresas interesadas en participar”.

Esta acollida, engade o equipo de Goberno, “confirma o potencial da campaña como ferramenta de dinamización económica”.

O prazo de adhesión permanece aberto ata o martes 25 de novembro a través da web bonospadron.gal, onde se poden consultar tamén as condicións e bases completas. Poden participar todos os negocios con actividade no municipio, agás supermercados, grandes superficies e venda ambulante.

Co obxectivo de reforzar a visibilidade da acción, o Concello pon á disposición dos locais participantes o material promocional oficial, xa dispoñible para a súa retirada na Oficina de Turismo. Inclúe carteis, distintivos e outros elementos identificativos.

Detalles da campaña

A iniciativa conta cun investimento de 20.000 euros de fondos propios do Concello, e contempla a distribución de 2.000 bonos de 10 euros, de aplicación en compras iguais ou superiores a 20 euros realizadas entre o 1 e o 31 de decembro nos establecementos adheridos. A entrega dos bonos será presencial a partir do 1 de decembro, cun período inicial reservado ás persoas empadroadas en Padrón.

Os bonos deberán empregarse nun único establecemento e non se trocarán por efectivo. Nos casos de devolución, deberá emitirse un vale polo importe total da compra. Os negocios adheridos presentarán os bonos e os correspondentes tíckets entre o 1 e o 16 de xaneiro de 2026 para recibir o reembolso municipal.

O Concello anima a todo o tecido comercial a sumarse e aproveitar esta oportunidade de impulso económico, especialmente nun dos períodos de maior actividade do ano.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.