O pleno de Rianxo aproba o proxecto técnico para a construción do centro día no Pazo de Rianxiño

02 Novembro 2025

O pleno da Corporación local de Rianxo aprobou a semana pasada (cos votos a favor de Rianxo en Común, do Partido Popular e do BNG) o proxecto técnico para a construción do centro de día nas dependencias do Pazo de Rianxiño, en palabras do rexedor, Julián Bustelo, “un recurso sociosanitario fundamental para o que vimos traballando dende o primeiro segundo da lexislatura e que cada vez está máis preto”.

As actuacións a levar a cabo consisten fundamentalmente en dotar o espazo anexo ao edificio histórico dunha nova distribución, con espazos mellor iluminados e accesíbeis. Contará con 360 metros cadrados de superficie útil e con todas as prestacións necesarias para a posta en funcionamento do servizo.

Amais, aprobouse no pleno a solicitude de co-financiamento á Deputación de Coruña para facerlle fronte a este proxecto, o cal require dun investimento lixeiramente superior aos 170.000€.

O proxecto foi redactado co asesoramento de persoal experto neste tipo de equipamentos e sinalou que o proxecto xa obtivo a autorización da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.