O Concurso de Poesía Albariza de Artes premia o talento literario na súa XII edición. Recoñecemento especial ao ex-presidente do Centro Recreativo, Manuel Reiriz

16 Novembro 2025

O Concurso de Poesía Albariza de Artes xa ten gañadores na súa duodécima edición, un certame plenamente consolidado e promovido polo Concello de Ribeira e o Centro Recreativo de Artes para fomentar a creación literaria e o uso da lingua galega.

A alcaldesa, María Sampedro, participou no acto de entrega dos premios e salientou que “o certame de poesía Albariza é un claro exemplo do que é a extensión cultural. Dous organismos que se unen para enriquecer culturalmente á sociedade promovendo a participación activa da mesma e difundindo a cultura desde un lugar tan significativo como é a parroquia de Artes”. Engadiu ademais que se trata “dun dos concursos máis lonxevos non só do municipio, senón de toda a comarca do Barbanza. Unha cita ineludible co mundo das letras, coa creación literaria e en lingua galega”. A rexedora fixo extensiva a súa felicitación tanto ás persoas premiadas como a todas as participantes, e destacou o labor do Centro Recreativo de Artes e a implicación dos centros educativos do municipio.

A presidenta da entidade, Rosa Orellán, tamén tomou a palabra para subliñar que “hai que ter unha sensibilidade especial para facer poesía, porque hai que chegar á alma”.

Premiados nas diferentes categorías

Na categoría de 9 a 11 anos o primeiro premio foi para Nicolás González Ordóñez, con O bosque que cambia de cor. O segundo recaeu en Paula Paz Martínez, por Aldara, abre a túa mente, e o accésit foi para As cartas da miña avoa, de Claudia Arcos Paz.

Na franxa de 12 a 14 anos, o primeiro premio correspondeu a Fátima de la Iglesia Lobato, con A nosa identidade; o segundo a Ana González Barreiro, con Unha muller diferente; e o accésit a Erik Vidal Pego, con A miña avoa.

A categoría de 14 a 18 anos quedou deserta. Na de 18 anos en diante, Manuel López Rodríguez obtivo o primeiro premio con Esperta! e Alba Sánchez Ares o segundo con Vodas de ouro. Os accésits foron para As de Artes, de Rebeca Puentes Carro, e Blues da vaca Manola, de Emilio Fernández de Sanmamed Fernández.

Na categoría especial de persoas maiores houbo mención para Pepita Vidal Pérez, con A vida hai que amala, e para Magdalena Castro González, con Pepiño saíu a xogar.

O xurado estivo composto pola escritora Patricia Torrado Queiruga —gañadora da edición anterior—; Manuel Reiriz Dios, presidente ata este ano do Centro Recreativo de Artes; Naíma El Gargari Sampedro, secretaria da entidade; e Alicia Padín Otero, do Servizo de Normalización Lingüística municipal, que actuou como secretaria. Foron os encargados de valorar unhas obras que superaron a vintena en cada categoría, agás na adolescente, que non contou con participación. Os premios consistiron en vales para material deportivo ou escolar para os menores de 18 anos e compensación económica para os adultos, ademais de placas conmemorativas e a publicación dos textos.

Recoñecementos especiais e homenaxes

A gala, amenizada polo grupo A Misela, incluíu tamén a entrega do galardón a Clara González Barreiro polo tríptico conmemorativo do certame. Ademais, realizouse un recoñecemento especial ao ata agora presidente do Centro Recreativo de Artes, Manuel Reiriz, que recibiu de mans da nova presidenta, Rosa Orellán, unha escultura coa inscrición: “Mira cara atrás e síntete orgulloso por todo canto conseguiches.”

RR.SS.

Outros artigos

A pintura de Rosa Fernández Caamaño regresa a Noia

O Casino de Noia acolle do 4 ao 31 de agosto unha nova exposición da artista noiésa Rosa Fernández Caamaño, unha oportunidade para descubrir a obra dunha creadora profundamente vencellada á súa terra de orixe. Nada en Noia, Rosa Fernández Caamaño desenvolveu a súa...

+

“O rei non estaba espido”. Antón Luaces

O presidente que non o foi de España porque non quixo - a realidade foi que os votos a prol acadados nas eleccións xerais do país en cuestión non foron dabondo para que sí poidera selo e o segundo na listaxe de candidatos soubo gañarse a confianza da maioría...

+

Xoves 6, sol e suba da temperatura

Durante o xoves Galicia queda na influencia das altas presións con réxime de ventos do nordés. Con esta situación comezaremos a xornada con ceos parcialmente cubertos, con orballos no extremo norte e co avance do día as nubes iranse retirando en xeral, permanecendo as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.