O Concello de Ribeira anuncia que seguirá traballando a prol da igualdade e que solicitará a adhesión ao sistema VioGén

25 Novembro 2025

A Corporación municipal de Ribeira celebrou na tarde do 24 de novembro o pleno ordinario correspondente ao mes de novembro, no que un dos puntos da orde do día foi a proposición da grupo non adscrito sobre a importancia de traballar todo o ano na loita contra a violencia de xénero e que contou co respaldo unánime dos presentes. A proposta versaba sobre reafirmar o compromiso do Concello de Ribeira na loita contra a violencia de xénero os 365 días do ano, promovendo accións permanentes de prevención, sensibilización e apoio ás vítimas, ademais de desenvolver un Plan municipal anual de Igualdade e prevención da violencia de xénero e solicitar a adhesión ao sistema VioGén.

Amais, debateuse a proposición do grupo non adscrito para garantir o subministro eléctrico nos servizos municipais en situacións de emerxencia como a sucedida no 28 de abril deste ano coa apagada nacional que sufriu España. Os acordos buscaban instalar un xerador eléctrico nas dependencias municipais principais e revisar e manter os xa existentes.

A isto, o Goberno municipal presentou unha emenda de substitución, aprobada por unanimidade, na que se especifica continuar dotando os equipamentos municipais das instalacións necesarias, tal e como se viña facendo, tanto para as novas instalacións municipais como para o mantemento das existentes, o que garantirá o seu correcto funcionamento en caso de necesidade. Asemade, contarase con esta instalación no proxecto de dotación de equipamento para a Casa Consistorial.

E, baixo o amparo do BNG e PSdeG-PSOE, levouse a pleno unha medida que atinxe á rúa Estatuto, no barrio das Avesadas, para convertela en sentido único no tramo que conecta con Rosalía de Castro e Alcalde Fernández Bermúdez, ademais de mellorar a rotonda situada entre os dous estacionamentos disuasorios e o reforzo da pintura e sinalización na contorna. O Goberno municipal propuxo a votación por puntos, se ben, os grupos asinantes da proposta quixeron a votación da súa totalidade, polo que esta cuestión foi denegada ao contar unicamente con 8 votos a favor (BNG, PSdeG-PSOE e non adscritos) e 12 en contra (PP e PBBI). O Executivo local manifestou que a súa postura “débese a que non están de acordo co cambio do sentido de circulación nin restricións na mobilidade, sen ter consensuado o cambio previamente coa veciñanza do lugar, ademais de ser primeiro necesario renovar a pavimentación en certos lugares para, despois, proceder co pintado”.

Os grupos da oposición criticaron duramente a postura do PP e PBBI, tal e como informamos hoxe dende O Barbanza.

Outros asuntos da orde do día

Tamén se lle deu luz verde ao convenio co Ministerio do Interior e o Concello de Ribeira para o cumprimento de penas con traballos en beneficio da comunidade, coa aprobación unánime da Corporación municipal.

Así mesmo, saíu adiante con 18 votos a favor (PP, PBBI, BNG e 1 non adscrito) e 2 abstencións (PSdeG-PSOE e 1 non adscrito) á prórroga forzosa por 9 meses do contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) mentres non se resolva a licitación, na que están interesadas catro empresas. A achega municipal pasou dos 800.000 euros aos 1,3 millóns de euros, e 113 usuarios.

E tamén se aprobou por unanimidade a declaración das plataformas municipais para carrozas da Cabalgata de Reis como efectos non utilizábeis coa finalidade de retirar estes vellos elementos para que poidan ser sometidos á desafectación e eliminalas do inventario municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.