Malasombra pon o ramo á II Mostra de Teatro de Porto do Son con “D.E.P. Unha comedia de morte”, este sábado ás 21h

29 Novembro 2025

Esta fin de semana rematan as sesións da II Mostra de Teatro de Porto do Son. Farano da man de Malasombra Producións, que representa este sábado 29 de novembro, na Casa da Cultura de Porto do Son a partir das 21.00 horas, o espectáculo D.E.P. Unha comedia de morte. As persoas interesadas poderán mercar as entradas (4€) na Oficina de Cultura ata o venres, en horario de 8:00 a 15:00 h. Tamén se poderán adquirir no momento previo á función.

A actividade forma parte da programación de Cultura da Deputación da Coruña.

D.E.P. é unha trepidante comedia na que se ensina con moito humor o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza. Uns seres humanos que nos amosan o lado máis cruel, ante a disputa de bens materiais: “Que mamá morra axiña por favor! “.

D.E.P. amosa un contexto ben recoñecíbel polo espectador: a pelexa pola herdanza. Pero aínda hai algo que a fai moito máis singular e é que neste caso, a herdanza é dunha nai que aínda non está morta.

Axenda ao completo.

A axenda da II Mostra de Teatro comezou o 18 de outubro con Vicio houbo sempre, unha peza de narración oral protagonizada por Atenea García, que recolle historias reais de mulleres maiores de 80 anos sobre o desexo, o pracer e a vida.

O 25 de outubro foi a quenda de Golpes, da compañía aAntena, centrada na historia de Pamela e a aprendizaxe dunha relación que non debía vivir. O 1 de novembro, Gallaecia Eventos presentou Cabaré Climático, e o 8 de novembro, foi a quenda de Máis saaabor!

O 15 de novembro, Talía Teatro representou Un deus salvaxe.

Este 22 de novembro o grupo local Mimarte presentou Nais en apuros.

A clausura será o 29 de novembro coa comedia D.E.P, de Malasombra.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.