Liberdade para os dous últimos detidos vinculados ao alixo de 3,6 toneladas de cocaína na Pobra

20 Novembro 2025

A xuíza do Tribunal de Instancia de Muros decretou a posta en liberdade dos dous últimos detidos relacionados co alixo de 3,6 toneladas de cocaína incautadas en setembro no municipio coruñés da Pobra do Caramiñal.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a Fiscalía non solicitou o seu ingreso en prisión, aínda que se lles impuxo a retirada do pasaporte e a obrigación de comparecer semanalmente no xulgado. Ambos están investigados por delitos de saúde pública, pertenza a organización criminal e branqueo de capitais.

A detención destas dúas persoas produciuse o pasado martes no Barbanza, no marco da denominada Operación Saona. Este operativo, un dos máis relevantes contra o narcotráfico en Galicia nos últimos anos, supuxo a incautación dun alixo de gran envergadura e continúa aberto con novas dilixencias xudiciais e policiais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.