Inaugurada en Salamanca unha mostra de gravados de Goya centrados na tauromaquia achegados polo Museo de Artes

04 Novembro 2025

Este luns 3 de novembro inaugurouse no Museo del Grabado de Santa Marta de Tormes (Salamanca) a exposición La Tauromaquia de Francisco de Goya, composta por unha serie completa de 40 gravados procedente dos fondos do Museo do Gravado de Artes (Ribeira) e acompañada, ademais, de 5 litografías que o artista realizou en Francia. “Estamos ante unha das series de gravados máis complexas dende o punto de vista artístico e técnico”, segundo explicou o comisario da mostra, José Fuentes Esteve, doutor da Universidade de Salamanca e estreito colaborador do Museo do Gravado de Artes, onde realiza con moita frecuencia obradoiros creativos centrados en diferentes técnicas. A mostra estará exposta ata finais de marzo de 2026.

Inaugurou a mostra o alcalde de Santa Marta de Tormes, David Mingo, que agradeceu a colaboración do Concello de Ribeira e a Fundación Museo de Artes do Gravado grazas ao convenio de colaboración asinado polos dous concellos.

Mingo, acompañado do comisario da mostra, José Fuentes, e do director do museo, Antonio Navarro, subliñou que esta exposición representa “unha magnífica oportunidade para coñecer a obra dun dos grandes mestres da historia da arte mundial e visitar o Museo do Gravado de Santa Marta, único en Castela e León”.

Así mesmo, destacou que “este centro acolleu coleccións de gran nivel, como a que se expón agora, con traballos de recoñecidos artistas como Salvador Dalí ou Giovanni Battista Piranesi”.

Outros artigos

A Asociación Ambar presenta o seu Calendario 2027 no Cine Teatro Elma

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional levou a cabo hoxe a presentación oficial do seu Calendario Solidario 2027 no Cine Teatro Elma da Pobra do Caramiñal. Unha nova edición dedicada ó mundo do cinema e que, novamente, “busca visibilizar o talento...

+

O Rapants Club vaise de xira por seis salas españolas

A banda muradá The Rapants anunciou as seis primeiras datas da xira de salas coa que levará o seu cuarto LP (Rapants Club) por toda España en 2027. O percorrido arrancará o 8 de xaneiro na sala La López de Zaragoza, dentro do ciclo Inverfest, e pasará por Bilbao,...

+

O PSdG cualifica de “éxito absoluto” a folga xeral

O deputado socialista e secretario xeral do PSdeG en Compostela, Aitor Bouza, valorou hoxe o “éxito absoluto” da folga xeral en Galicia deste mércores 11 de novembro e asegurou que a cidadanía díxolle a Feijóo “que non quere unha involución, que non quere que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.