Fantoches Baj leva a Rianxo, este sábado 22, “Castelao, un corazón á intemperie”

18 Novembro 2025

No marco da completa e exhaustiva programación organizada polo Concello de Rianxo para celebrar ao grande o 75 aniversario do falecemento de Alfonso D. Rodríguez Castelao, o vindeiro sábado veciños e visitantes poderán desfrutar da representación de Castelao, un corazón á intemperie por Fantoches Baj, Será no Auditorio de Rianxo a partir das 12:00 horas. Trátase dunha peza para nenos e nenas a partir de 6 anos. A entrada será de balde até completar a capacidade do auditorio. Máis información na web municipal.

Sinopse

Castelao, un corazón á intemperie é a nova produción de Fantoches Baj para público infantil e familiar, unha proposta de narración oral, monicreques, música tradicional e teatro de máscaras que busca dar a coñecer ao artista e escritor rianxeiro entre os nenas e os nenos, reler e interpretar parte da súa obra e poñer en valor o galego.

Após a morte de Castelao o 7 de xaneiro de 1950, nun tempo no que en Galicia non era posíbel chorar a súa perda, o dramaturgo e director de escena Daniel Varela Buxán decide render, nun acto privado diante da súa veciñanza, a súa particular homenaxe ao rianxeiro.

Varela Buxán fora o encargado de dirixir Os vellos non deben de namorarse na súa estrea absoluta en 1941 en Bos Aires e, a partires de aí, mantivo unha fonda amizade con Castelao. Por iso, para homenaxealo, Varela Buxán colocarase nun pequeno escenario onde trazará  brevemente a peripecia vital de Castelao deténdose naqueles momentos literarios e artísticos que considera máis significativos. Entre outros, representará con marionetas parte da súa obra: contos de Cousas (Panchito e a Marquesiña); narracións de Retrincos (Sabela e O inglés), escenas de Os vellos non deben namorarse e o monólogo do esqueleto en Un ollo de vidro.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.