Falecida unha persoa ao chocar o seu vehículo contra un cabalo en Porto do Son

07 Novembro 2025

Unha persoa perdeu a vida esta madrugada tras colidir o vehículo que conducía contra un cabalo que se atopaba na vía, ao seu paso pola parroquia de Baroña, no concello de Porto do Son.

A D C Bombeiros Boiro

O accidente produciuse na estrada AC-550, á altura do quilómetro 92, arredor das 00:00 horas, segundo informou o 112 Galicia. O servizo de emerxencias tivo constancia do sinistro a través da alerta emitida polo sistema de chamada automática de emerxencia do vehículo (eCall), aínda que non foi posible establecer contacto coa persoa ocupante.

Pouco despois, varios particulares chamaron ao 112 para informar dun coche accidentado que colidira cun cabalo, o cal falecera no impacto. As testemuñas advertían tamén de que o condutor podería estar atrapado e sen vida.

De inmediato, o 112 activou un amplo operativo de emerxencias no que participaron profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Ribeira e de Boiro, o GES de Noia, así como axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Porto do Son.

Unha vez no punto, os equipos de intervención confirmaron o falecemento do condutor e indicaron que foi necesario empregar material de excarceración para liberar o corpo da vítima.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase este venres en Noia

Este venres, o lobo ibérico chega á Casa da Cultura de Noia. O 23 de outubro, ás 20:00 h, a Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, de Emilio Fonseca. Trátase dunha película incluída na programación contratada pola...

+

Nova finde de cinema en Muros con La Odisea e Minions & Monsters

O Concello de Muros programa unha nova fin de semana de cinema do 23 ao 25 de outubro con dúas propostas para diferentes idades: La Odisea, a aventura épica de Christopher Nolan, e Minions & Monsters, unha comedia de animación para gozar en familia. A programación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.