Este mércores, charla-café con Hanan Kaoud en Muros

12 Novembro 2025


A palestina Hanan Kaoud, concelleira de Ramala (Cisxordania) e experta en xénero, estará en Muros na tarde deste mércores 12 de novembro. A visita forma parte dunha actividade do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que o Concello de Muros forma parte. Ás 17:00h no Local Social de Sorribos (Abelleira) celebrarase unha charla-café con Hanan Kaoud, baixo o titulo Visita ao norte. A voz resiliente das mulleres palestinas, no que conversará con todas as persoas asistentes.

Previamente, hoxe pola mañá, a activista e política palestina estivo en Compostela, onde salientou a situación en Cisxordania, “que non é tan diferente do que acontece en Gaza e que debemos poñer tamén sobre a mesa”. Explicou que o pobo palestino sofre bombardeos pero tamén as consecuencias do uso de armas químicas “que afectan á capacidade reprodutiva das mulleres e provocan máis discapacidades”; e denunciou que se están incrementando tamén as violacións de mulleres palestinas. Hanan Kaoud agradeceu a oportunidade que brinda o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade “de seguir expandindo a solidariedade con Palestina e presionando ao goberno de Israel para que cese o xenocidio”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.