“Doenzas terminais” – José Manuel Pena

18 Novembro 2025

Estes últimos días as visitas ao hospital foron frecuentes para acompañar a un bo amigo que se atopa vivindo uns difíciles momentos polo seu delicado estado de saúde. Esta circunstancia abriume un pouco máis os ollos á realidade do sufrimento, a dor, a tensión, a ansiedade e a enfermidade de demasiadas persoas.

Vivir, en segunda persoa, a evolución de enfermidades terminais, provocadas por tumores convertidos en metástases, permitiume filosofar e pensar sobre a fraxilidade e a limitación do ser humano.

Hai que recoñecer o labor deses facultativos, enfermeiras, auxiliares de enfermería, celadores, limpadoras e todo o persoal sanitario de calquera centro hospitalario que se implican en axudar ás persoas ás que xa non poden curar pero si aliviar, non deixándoas nunca abandonadas, aínda que pareza que non se pode facer nada por elas. Lembrar que ninguén está libre de pasar por estas circunstancias.

Moito destes sanitarios saben que teñen a obriga de ofrecer unha saída ao sufrimento que rebaixa a vida do paciente a niveis intolerables e que, nalgúns casos, leva a morrer sen dignidade. Por outra banda hai algúns casos contrarios e así recordo que, hai uns días, chamando a emerxencias sanitarias (061) para a atención dun enfermo terminal, atópome cunha doutora que me recomenda “mellor que se quede na casa para esperar a morte”. Ufff, por favor, unha persoa que non pode inxerir alimentos, nin sólidos nin líquidos, que ten fortes dores constantes…, por favor. Ao final requirimos a ambulancia para o seu traslado hospitalario para que se lle paliase a dor e se lle deran alimentos de maneira parenteral.

Seguro que ao meu amigo lle chegará a morte, máis axiña que tarde, pero mentres tanto ten o dereito para vivir cunha mínima calidade de vida e non seguir padecendo tanta dor porque, actualmente, hai terapias e medios suficientes para palialo.

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

+

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O carballo de Buchenwald”. José Antonio López Silva

“O carballo de Buchenwald”. José Antonio López Silva

Cada xuño, o mesmo titular: o alumno brillante que, podendo escoller calquera cousa, "malgasta" a súa nota nunha carreira de letras. Esta semana houbo dous —Juan Mosquera, un 13,64 sobre 14, marcha a Filoloxía Galega; Sabela Martínez vai a Harvard a doutorarse en...