Comezaron en Porto do Son as actividades locais polo 25N

19 Novembro 2025

O Concello de Porto do Son puxo en marcha as actividades destinadas a reivindicar e celebrar a data do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. Sen ir máis lonxe, o pasado venres 14 celebrouse no Club de Xubilados a novena convocatoria da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional Contra a Violencia de Xénero.

Dita mesa constitúe unha ferramenta operativa na que están representados todos os ámbitos municipais: político, social, sanitario, educativo, corpos e forzas de seguridade, e outros implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero, co obxecto de procurar unha maior eficiencia de todas as actuacións a tal fin. “A súa natureza insterinstitucional facilita o desenvolvemento de dinámicas cooperativas e o establecemento de redes de colaboración entre as diferentes institucións e colectivos sociais que interveñen no territorio”, explicaron dende o Concello.

A axenda do 25N de Porto do Son ao completo

-18 e 25 de outubro. Os sábados 18 e 25 celebrarase o 25N dende o ámbito cultural coa II Mostra de Teatro de Porto do Son, a veciñanza xa puido desfrutar das obras Vicio houbo sempre e Golpes, na Casa da Cultura de Porto do Son.

-14 de novembro. O Club de xubilados de Porto do Son acollerá, ás 10:30 h, a 9ª convocatoria da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional Contra a Violencia de Xénero.

-23 de novembro. O 23 celebrarase a Andaina Contra a Violencia de Xénero, que terá un percorrido de 12 quilómetros e que sairá desde a praza de España ás 10:00 horas. As persoas interesadas en participar, poden sumarse enviando os seus datos á área de deportes municipal a través do enderezo electrónico: osoncamina@gmail.com. Máis información no 981 767 589.

-25 de novembro. O eido deportivo e educativo únense na Carreira Escolar Contra a Violencia de Xénero, que partirá ás 10:30 h desde o Parque do Brañón de Porto do Son. Todas as crianzas participantes recibirán un agasallo en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade.

-25 de novembro. O programa a prol da igualdade poñerá o punto e final co reparto do material da campaña de sensibilización Non á Violencia de Xénero entre o alumnado do IES de Porto do Son.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.