Ángeles Vázquez louva o importante traballo dos guías do Parque Nacional das Illas Atlánticas

20 Novembro 2025

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, reivindicou este xoves 20 de novembro o importante labor dos guías do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia para a protección do patrimonio natural e o desenvolvemento sostíbel da Comunidade. Fíxoo durante o acto de entrega de diplomas aos 65 novos guías acreditados este ano, no que estivo acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz. Neste marco, a conselleira destacou que estes profesionais contribuirán a “divulgar o respecto polos espazos naturais e a promover un turismo verde e respectuoso co medio en liña coa aposta do Goberno galego polo equilibrio entre a protección ambiental e o desenvolvemento económico de Galicia”.

Lembrou a conselleira que nos últimos 20 anos xa se formaron máis de 1.200 persoas coas ferramentas necesarias para desenvolver as súas actividades profesionais na contorna socio-económica do Parque Nacional “porque, tal e como establece o Plan reitor de uso e xestión deste espazo protexido, só poderá exercer como guía nesta área quen dispoña deste título oficial”, sinalou, engadindo que “este curso reforza a capacitación profesional do persoal encargado da atención e interpretación ambiental no Parque Nacional”.

Estes novos guías acreditados recibiron formación sobre cuestións específicas en materia de lexislación e biodiversidade así como sobre a súa protección, uns coñecementos vitais para que contribúan a que os elementos e valores naturais dos catro arquipélagos que forman o parque -Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada- sexan apreciados e coñecidos polo conxunto da cidadanía.

A conselleira subliñou tamén “a variedade dos perfís do alumnado deste curso, xa que hai tanto persoas que traballan como guías turísticos como profesionais doutros sectores como biólogos, xeólogos, fotógrafos, mergulladores, etc. que van desenvolver a súa actividade no Parque Nacional”. Este ano recibiron formación 75 persoas, das que 65 a superaron de xeito satisfactorio, lembrou.

Outros artigos

Choivas e vento marcarán o luns 19 nas Rías Baixas e en Santiago

O luns 19, San Mario, entrará unha fronte fría polo noroeste que se irá desprazando cara ao leste ao longo da xornada. Esta situación deixará ceos nubrados e precipitacións, que serán máis frecuentes e intensas no terzo norte, onde poderán presentarse en forma de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.