ABE reúne 57 empresas nunha xornada formativa sobre o software Verifactu con Daniel Cerqueiro, de Docuten

25 Novembro 2025

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) celebrou na mañá deste martes 25 de novembro unha nova edición dos seus consolidados Almorzos ABE, centrados nesta ocasión na implantación do software Verifactu, ferramenta que transformará o sistema de facturación de autónomos e pemes. A convocatoria contou cunha participación moi elevada, con 57 asistentes, reflectindo en palabras da ABE “a preocupación e interese do sector por coñecer os cambios que se aveciñan”.

A sesión, celebrada no salón de actos da sede da ABE, estivo impartida por Daniel Cerqueiro, CMO (responsábel de mercadotecnia) da firma galega Docuten, compañía referencial en transformación dixital, automatización documental e facturación electrónica. Cerqueiro explicou de forma clara e directa os puntos clave da normativa e as implicacións prácticas para as empresas.

Lembrou entre outras cousas que as empresas que facturan en papel, Word ou Excel non están obrigadas a adaptarse a Verifactu, ao non empregar software de facturación e que, en troques, “os negocios que usan programas de facturación, así como o comercio e a hostalería que emiten tíckets, deberán facelo mediante software homologado e acorde cos requisitos legais”.

Recordou tamén que “resulta imprescindíbel contactar co provedor do programa e solicitar a declaración responsábel, que acredita o cumprimento da normativa” e que “unha vez iniciada a facturación nun software adaptado, non é posíbel alternar entre facturación manual e dixital: todas as facturas deben emitirse polo mesmo sistema para garantir integridade e rastrexabilidade”.

A sesión incluíu exemplos reais, aclaración de dúbidas e recomendacións prácticas para “planificar unha adaptación ordenada e segura”.

Ao finalizar, celebrouse un almorzo networking que favoreceu a relación entre profesionais e o intercambio de experiencias, reforzando o éxito dun formato (os Almorzos ABE).

A ABE informou de que o PDF coa presentación completa da charla está dispoñíbel para descarga na súa web, co obxectivo de “facilitar a consulta do contido a todas as empresas interesadas”.

A asociación agradeceu a asistencia das 57 empresas participantes, así como a colaboración da Cámara de Comercio de Santiago, da Oficina AceleraPeme e de Docuten por “contribuír a difundir información esencial para o futuro inmediato das empresas”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...