A Xunta licita por 5,6 millóns o contrato de xestión da residencia de maiores de Ribeira

24 Novembro 2025

O Consello da Xunta autorizou hoxe a licitación do contrato de xestión do servizo de atención residencial para persoas maiores dependentes na residencia de Ribeira, de titularidade autonómica. O obxectivo é consolidar as 106 prazas públicas existentes neste centro.

O contrato terá unha duración inicial de dous anos, desde o 26 de marzo de 2026 ata o 25 de marzo de 2028, coa posibilidade de prorrogalo por períodos dun ano ata un máximo de cinco. O orzamento base de licitación ascende a 5,6 millóns de euros, mentres que o valor estimado total, incluíndo as posibles prórrogas, chega aos 16,2 millóns.

Tras a autorización do Consello da Xunta, procederá a publicarse o anuncio de licitación na plataforma de contratos públicos de Galicia e no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE). As empresas interesadas disporán dun prazo de 30 días naturais para presentar as súas ofertas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.