A Xunta inaugura a segunda convocatoria dos Bonos Activa Comercio

05 Novembro 2025

Unha nova edición dos Bonos Activa Comercio ven de inaugurarse esta mañá do mércores, 5 de novembro, por parte do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén Docampo, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, que visitaban esta mañá en Compostela os comercios Deportes Caneda e Joyería Regueira con motivo do lanzamento desta segunda convocatoria do ano dos Bonos Activa Comercio.

Informar que a Xunta destinou 2,5 millóns de euros, cos que prevé mobilizar 8,5 millóns en vendas nos establecementos de proximidade galegos. Segundo o conselleiro, hai máis de 6.000 negocios adheridos en toda Galicia e ás dúas horas desde a súa activación descargáronse 61.500 bonos e mobilizáronse máis de 620.000 euros, o que evidencia o elevado impacto da iniciativa.

Cómpre sinalar que desde as 9 horas deste mércores, 5 de novembro, as persoas consumidoras usuarias poden descargar e trocar un bono desconto de 30 euros na web dos Bonos Activa Comercio para empregar directamente na adquisición de produtos e servizos nos comercios adheridos, agás tarxetas agasallo, vales ou semellantes.

En canto a novidade, os establecementos non terán que inscribirse de novo para participar na iniciativa, senón que segue vixente a adhesión da primeira edición, co obxecto de gañar en axilidade. No caso dos comercios que non se teñan sumado na anterior quenda, teñen de

prazo até o 15 de decembro ou até que remate o crédito desta última edición.

Como se empregan os bonos? Cada bono achega un desconto de 30 euros para as compras realizadas nos comercios adheridos. As persoas consumidoras interesadas poderán descargar eses bonos desde a web dos Bonos Activa Comercio e empregalos nos establecementos mediante o seu

formato dixital QR. O importe irase reducindo segundo o valor da compra: as compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalles un desconto de 5 euros; a rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros; a partir desta cantidade, o desconto acadará os 15 euros.

Engadir que como en anteriores ocasións, cada persoa poderá descargar un único bono, e non se limitará o número de persoas usuarias que poden descargarse os bonos, senón que cando o importe total dos descontos realizados chegue aos 2,5 millóns de euros, os bonos descargados xa non se poderán usar.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...