A veciñanza da Pobra terá un “papel esencial” na ambientación de Nadal da man do Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas

18 Novembro 2025

A Concellería de Promoción Económica lanza o VI Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas, unha iniciativa coa que busca implicar á veciñanza na ambientación de Nadal. O obxectivo, tal e como explicou a concelleira, Amparo Cerecedo, é que a cidadanía se sume “á decoración desta época, algo que non só contribuirá á mellora estética das rúas e edificios do municipio, senón que tamén á crear comunidade”.

Durante a súa intervención, Cerecedo valorou a participación acadada en edicións anteriores, cunha maior implantación nas parroquias rurais.

A concelleira animou á veciñanza dos núcleos urbanos a sumarse á iniciativa. Como explicou, “unha vez se resolva o fallo do xurado e se dean a coñecer as propostas gañadoras, o Concello publicará tamén as do resto de participantes, xa que son moitas as persoas que fan percorridos para ver as decoracións por todo o termo municipal”.

A iniciativa está aberta á participación de calquera persoa ou entidade cunha vivenda (en propiedade ou alugueiro) con balcón, ventá e/ou fachada con vistas á vía pública. Cada vivenda poderá participar unha única vez, independentemente dos elementos que sexan decorados. 

As persoas interesadas poderán anotarse ata o mércores, 3 de decembro, remitindo as solicitudes a promocioneconomicapobra@gmail.com ou chamando ao teléfono 981 843 280 (extensión 2035). Deberán indicar o seu nome, DNI, enderezo e parroquia onde se sitúa a vivenda e o número de teléfono de contacto.

Unha vez confirmada a súa inscrición no certame, os balcóns/fachadas terán que estar ornamentados, como máximo, ata o 9 de decembro (incluído). Ata ese día, as persoas participantes deberán remitir ao correo electrónico da Concellería de Promoción Económica, polo menos, catro fotos da decoración. Estas imaxes serán valoradas polo xurado desta edición de cara á entrega de galardóns. A ornamentación terá que manterse ata o 6 de xaneiro (incluído).

Premios

A veciñanza poderá elixir libremente a ornamentación sempre e cando esta respecte as vías, beirarrúas e entradas aos domicilios doutras persoas. En todo caso, a temática central deberá ser o Nadal e os elementos deberán estar perfectamente suxeitos, sen supoñer un risco para a seguridade.

Para a entrega de premios, o xurado valorará cuestións como a orixinalidade e a creatividade da composición, a calidade ornamental, a harmonía do conxunto, a laboriosidade e cuestións como a iluminación. Unha vez analizados estes aspectos, o Concello outorgará como primeiro premio un vale de compra (caramiñas) de 600 euros e cinco segundos (un por parroquia) valorados en 300 euros.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.