A partir deste luns as prazas de cor verde do porto de Ribeira (na beira dos peiraos flotantes) estarán reservadas para profesionais do mar

08 Novembro 2025

A Policía Local de Ribeira emitiu un comunicado para a veciñanza no que advirte dos cambios realizados na explanada do porto de Santa Uxía en relación cos estacionamentos libres que até o de agora se viñan facendo na contorna dos peiraos flotantes, reflectindo a información publicada nun bando informativo de Portos de Galicia. En relación a este bando, a Policía Local de Ribeira lembra que dende o vindeiro luns 10 de novembro, os aparcamentos sinalizados de cor verde, na beira dos pantaláns das embarcacións da Terceira Lista, estarán reservados para os profesionais do mar, dende as 00:00 horas de cada luns ata as 24:00 horas de cada venres, agás os días festivos.

Lembran tamén que a vixilancia do cumprimento desta sinalización compete ao Ente Público Portos de Galicia, por medio da Policía Portuaria.

Asemade, recordan que a beira máis próxima á avenida do Malecón, tamén de cor verde, continuará sendo de libre estacionamento.

Prégase tamén á cidadanía que teña en conta que ás 07:00 horas dos sábados segue vixente a reserva dos estacionamentos para os postos do mercadiño semanal ambulante.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.