A Deputación da Coruña centra o 25N nos novos discursos machistas que inzan as redes

19 Novembro 2025

A deputada de Igualdade, Sol Agra, presentou a campaña da Deputación da Coruña polo 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Este ano, a institución pon o foco nos novos discursos, ferramentas e estéticas que alimentan as violencias machistas, desde a manosfera até o fenómeno coquette, as chamadas tradwives ou os ataques e manipulacións realizados mediante o uso de intelixencia artificial.

A Deputación alerta de que estas correntes, cada vez máis presentes entre a mocidade, “consolidan unha perigosa idealización da submisión, os roles de xénero considerados tradicionais e a desigualdade”.

Durante a presentación, Sol Agra subliñou que “a violencia contra as mulleres segue a ser estrutural e diaria”, e advertiu do avance de discursos negacionistas que “pretenden como elección ou estilo de vida o que realmente é machismo; mais non son inocentes: forman parte dunha estratexia que tenta inverter os avances conquistados e desactivar o feminismo”. A deputada puxo o acento na importancia de dotar ao sistema educativo de contidos transversais en igualdade, para “fomentar o pensamento crítico e dotar de orzamentos as políticas públicas con perspectiva feminista para contrarrestar estes discursos e garantir que a mocidade acceda a información veraz e segura”.

A campaña provincial inclúe unha xornada con palestras dedicadas ás novas violencias, así como un circuíto de obradoiros interxeracionais que se desenvolverán de maneira presencial en dez concellos da provincia. O programa complétase coa edición de unidades didácticas dirixidas á adolescencia e tamén a persoas adultas, co obxectivo de ofrecer ferramentas educativas que permitan identificar, comprender e combater estas formas de violencia. Ademais, elaboraranse distintos contidos gráficos e audiovisuais, como reels, infografías e outros materiais divulgativos que estarán dispoñíbeis na web Defronte.gal.

Sol Agra destacou que “poñer fin á violencia machista é un obxectivo irrenunciábel e prioritario” e reafirmou o compromiso da Deputación “na protección dos dereitos das mulleres en todos os concellos da provincia”. A institución reclama medidas políticas que favorezan a prevención a través da educación en igualdade e recursos públicos que garantan atención integral, acompañamento e reparación ás vítimas, ao tempo que chama a toda a sociedade a manterse firme fronte a quen pretende frear ou inverter os avances en igualdade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.