A Casa da Cultura de Outes acolle a mostra de fotografías “Acérquese” de Gabriela Garza-Lainez    

19 Novembro 2025

A Casa da Cultura de Outes acolle a exposición de fotografías titulada Acérquese de Gabriela Garza-Lainez, do 14 de novembro ao 14 de xaneiro, en horario de mañá de 09:00 a 14:00 horas e de tarde 17:00 a 20:00 horas de luns a venres e os sábados de 11:00 a 13:00 horas.

A artista Gabriela Garza-Lainez

A mostra conta con 18 fotografías de algúns dos familiares e amigos de Gabriela, destacando aquelas persoas que teñen un impacto significativo nas súas vidas, valorando dentro destes, aqueles recordos que permaneceran ao longo da vida.

A maioría das fotografías son do 2018 e están feitas con película diapositiva de 35 mm. Grande parte delas son a cor, agás 5 que están en branco e negro. Destaca unha fotografía A Miguel feita en 2025 en impresión dixital.

Todos estes retratos íntimos tomados en diferentes países van acompañados dun poema. Textos que orixinariamente están escritos en inglés. Na mostra podemos adentrarnos neste mundo lírico que foi traducido ao español. En cada un destes poemas aparecen sentimentos ou características de cada unha das persoas ou imaxes.

Gabriela Garza-Lainez é unha artista que busca compartir a súa vida multidimensional cos demais. Naceu en Estados Unidos, pero tamén medrou como nómade global, influenciada por países como El Salvador, México, Alemania, China, Australia, Malasia, Francia e España. Recibiu a súa licenciatura en Produción de Cine e Televisión na Universidade Loyola Marymount en Los Ángeles, California, e recibiu a súa mestría en Deseño Multimedia na Universidade Monash en Melbourne, Australia.

A partir dos seus estudos, creou a exposición Acérquese. Despois de exhibir por primeira vez estas fotografías en Penang, Malasia, con Little Art House Studios, agora regresa cos poemas traducidos do inglés ao español. Acérquese explora e destaca ás persoas que teñen un impacto pequeno ou significativo nas nosas vidas, valorando “aquelas coas que compartimos breves recordos e que permanecerán con nós polo resto das nosas vidas”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...