A Banda Municipal de Outes celebra este sábado o seu concerto de 40 aniversario

20 Novembro 2025

A Banda Municipal de Música do Concello de Outes vai celebrar esta fin de semana o seu 40 aniversario: as súas catro décadas de andaina achegando formación e interpretación musical dende Outes e, tamén dinamizando e enriquecendo a actividade cultural e social do concello. A cita será este sábado 22 ás 18.00 horas na praza de Galicia da Serra, diante do colexio. A festa está aberta a veciños e visitantes e inclúe un convite a antigos integrantes da Banda a sumarse á celebración. Haberá carpa pechada e cadeiras. Organiza a Banda Municipal co apoio do Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.