A Asociación Francisco Lorenzo Mariño achega un ciclo de narracións de humor este mes de novembro

04 Novembro 2025

A Asociación Francisco Lorenzo Mariño, con sede en Aguiño, informou de que o vindeiro sábado 8 de novembro comezará na dita localidade, no salón de actos da Casa do Mar, o Ciclo de Contadas de Humor de Aguiño Francisco Lorenzo Mariño 2025. A cita celebrarase na Casa do Mar debido ás obras de mellora integral do edificio da Aula de Música-Conservatorio de Aguiño que está levando a cabo o Concello de Ribeira. A asociación explicou que debido ás reducidas dimensións deste novo recinto, houbo dar unha volta (temporal) ao programa da tradicional Mostra de Teatro Afeccionado de Aguiño (que a AFLM organiza dende 2009) e darlle un “formato pequeno”. De aí xurdiu o Ciclo de Contadas.


De esquerda a dereita: Xosé Luis Paz, Pepita Suárez, Rosita Millet, Elvira Pisos e Unai González; directivos da entidade.

Trátase dun evento cultural con profesionais de primeiro nivel da narración galega que mobiliza, segundo engadiu a asociación, “un gran esforzo económico por parte da nosa entidade e contando neste caso coa colaboración da Concellería de Cultura de Ribeira e a Área de Cultura da Deputación da Coruña a través das súas liñas de subvencións, ademais de varias empresas locais como CONRESA, Farmacia Mariño de Aguiño, Digar de Artes, Combustibles Puebla, Fripusa, Hotel Restaurante Punta Couso e Fabri Barbanza”.

A entrada será de balde ata encher o aforo do local, pero o ciclo ten un carácter benéfico e solidario como leva facendo a asociación coa Mostra de Teatro dende os seus inicios (mobilizando recursos para a AECC, Cáritas, Stop Deshaucios, TDAH Salnés-Barbanza, contra a guerra de Ucraína, o volcán da Palma, a DINA de Valencia, etc). Desta volta, sinalan, “queremos dedicala a favor de ASANOG (Asociación Galega de Nenos con Cancro) polo que todos os donativos recadados durante os catro sábados serán integramente destinados para esta asociación que nos acompañarán o primeiro e o último día do ciclo e onde tamén terán información do labor que fai a súa asociación e poderán, si queren, comprar algún produto solidario como camisetas, bolígrafos, cuncas, lotería de Nadal, etc”.

O primeiro día a presidenta da asociación, Elvira Pisos; acompañado de representantes de ASANOG e a concelleira de Cultura de Ribeira, Ana Barreiro, farán unha breve presentación do ciclo dando a benvida ao público asistente.

“Animamos polo tanto, a toda a veciñanza de Aguiño, das parroquias do resto do concello de Ribeira e da contorna a acudir a estas contadas que garantimos de gran interese, diversión e espectáculo para todas e todos”, engaden dende a asociación.

Haberá funcións os sábados 8, 15, 22 e 29 de novembro, ás 20:15 h, con entrada de balde dende 1/2 h antes.

Celso Fernández Samartín, con Contar o sábado 8.

María da Pontragha con Donas de lugar o sábado 15.

Vero Rilo con Elas o sábado 22.

Quico Cadaval con Contos daquí e dacolá o sábado 29.

A duración das contadas é de 55-60 minutos aproximadamente e están recomendadas para maiores de 12 anos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.