A alcaldesa de Muros pide ao conselleiro de Sanidade “unha reunión urxente pola grave situación do servizo de pediatría”

19 Novembro 2025

A alcaldesa de Muros, María Lago, solicitou unha reunión urxente ao conselleiro de Sanidade da Xunta, Antonio Gómez Caamaño, “para atopar unha solución coa que recuperar a normalidade no servizo de pediatría do noso Centro de Saúde”.

Nunha carta enviada ao conselleiro, a alcaldesa móstralle “a miña preocupación pola grave situación que temos, xa que levamos máis dun ano e medio cunha baixa de longa duración do pediatra que traballaba só en Muros”.

“A outra pediatra, que debe dar servizo algunhas horas cada semana no Centro de Saúde de Carnota, atópase tamén de baixa desde hai varios meses e o seu substituto non exerce todos os días en Muros”, engade María Lago, sinalando que “esta situación afecta a 900 nenos e nenas de Muros e Carnota, que en moitas ocasións son atendidos por outro profesional e, no caso dos nenos e nenas de 0 a 3 anos, son derivados a Outes ou Noia os días nos que non hai pediatra”.

Explica que “estas graves carencias no servizo provocan desde hai tempo as queixas dos veciños e veciñas de Muros, de familias moi preocupadas como é normal pola saúde dos seus fillos e pola repercusión na conciliación laboral desta situación”, sostén a alcaldesa.

“Os concellos pequenos e medianos temos os mesmos dereitos e necesitamos un servizos públicos dignos e de calidade para manter a poboación, polo que lle solicito unha reunión urxente para atopar unha solución coa que recuperar a normalidade no servizo de pediatría do Centro de Saúde de Muros”, remata María Lago.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...