Xoves 30, ceos cubertos e precipitacións máis xeneralizadas a medida que avance o día

29 Outubro 2025

O xoves, unha fronte asociada a unha borrasca situada ao suroeste de Irlanda afectará a Galicia, deixando ceos cubertos e precipitacións que se farán máis xeneralizadas e intensas a medida que avance o día, especialmente durante a noite.

As temperaturas mínimas manteranse sen cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro descenso.

Os ventos soprarán de compoñente sur, con intervalos fortes, chegando a ser moi fortes no litoral e nas zonas altas, o que podería provocar refachos destacados nas áreas costeiras e de montaña.

meteogalicia
Chegada dunha fronte a partir de primeiras horas da tarde

O noso mar: vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 5 a 7 á mañá, 6 a 7 á tarde e 4 a 5 á noite. Media vaga á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e mala á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste á mañá e á tarde e oeste á noite, con ondas de 1 a 1.5 metros á mañá, 0.5 a 1.5 metros á tarde e 2 a 2.5 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.