Xa podemos inscribirnos na XI Carreira Popular Concello de Rianxo

06 Outubro 2025

Xa está aberto o prazo de inscrición na XI Carreira Popular Concello de Rianxo, proba pertencente ao Circuíto de Carreiras Barbanza Arousa e ao Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

O prazo de inscrición estará aberto até o 28 de outubro, até completar as prazas dispoñíbeis.

A cita será o 1 de novembro a partir das 10:45 h, con saída da praza de Castelao.

Quen precise máis información ou formalizar as inscricións pode visitar Emesports.es.

A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos:

-XI Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña.

-VIII Circuíto Carreiras Populares Barbanza Arousa, promovido e organizado polos Concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte: Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Haberá tres modalidades para participar: absoluta, escolares e sapatilla inclusiva.

A proba está organizada polo Concello de Rianxo e o Club Atletismo Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.