Volven os Intercambios Lingüísticos do Concello de Boiro

09 Outubro 2025

O Concello de Boiro retoma os Intercambios Lingüísticos para o curso 2025-2026. Unha actividade que se vai desenvolver todos os luns en horario de 17.00 a 19.00 horas no Centro Social de Cabo de Cruz.

O obxectivo desta iniciativa é facer uns grupos de debate en distintas linguas e así poder compartir o idioma e a cultura dos distintos países en función das persoas participantes.

A proposta xurdiu dos equipos de normalización e dinamización lingüística de centros educativos e de estudantes de Erasmus que buscan aprender galego e español ademais de compartir a súa lingua con aqueles que desexan reforzar, practicar ou aprender outros idiomas.

O grupo reúnese todos os luns e as inscricións para participar poden formalizarse mediante teléfono 981 84 84 25.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.