UCIN Galicia esixe á Xunta a retirada inmediata do recorte de liñas de autobús entre Santiago e o Barbanza

16 Outubro 2025

UCIN Galicia emitiu un comunicado no que esixe á Xunta a retirada inmediata do recorte de liñas de autobús entre Santiago e o Barbanza. A agrupación ualifica a medida de “ataque frontal á mobilidade da veciñanza”. Esta medida, din, “lonxe de mellorar a mobilidade, afonda na marxinación do rural e precariza o acceso aos servizos esenciais para milleiros de galegos e galegas”.

José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia

Localidades directamente afectadas

UCIN lembra que segundo a proposta feita pública pola Xunta, perderían conexión directa con Santiago parroquias como Araño, Leiro, Isorna e Asados (Rianxo), mentres que o número de frecuencias reduciríase en máis dun 80 % en moitos casos. I”sto supón, na práctica, deixar sen alternativas reais de transporte a persoas maiores, estudantes, traballadores e familias enteiras”.

Declaracións de José Luis Calo, Coordinador de UCIN Galicia:

“É absolutamente inadmisíbel que en pleno 2025 a Xunta aposte por recortar liñas de autobús en lugar de reforzalas. Esta decisión non é unha reorganización, é unha amputación do transporte público no rural galego. Non o imos permitir. UCIN Galicia estará do lado da veciñanza afectada e lideraremos, se é necesario, mobilizacións para frear este despropósito. Estanse a condenar parroquias enteiras ao illamento. Mentres se enche a boca falando de loita contra o despoboamento, a realidade é que se seguen recortando dereitos fundamentais no rural. O acceso ao transporte público é unha necesidade básica, non un luxo.”

Demandas de UCIN Galicia

Desde UCIN Galicia esixen á Xunta de Galicia:

-A retirada inmediata do proxecto de reordenación das liñas de autobús no Barbanza.

-A inclusión real da cidadanía no proceso de planificación, abrindo mesas de diálogo cos concellos, asociacións veciñais e usuarios.

-Un plan de mobilidade público, inclusivo e adaptado á realidade do rural galego.

-Máis autobuses e máis frecuencias, especialmente en parroquias e núcleos rurais.

UCIN Galicia, coas plataformas veciñais
A agrupación súmase deste xeito ás iniciativas da veciñanza, como a recollida de sinaturas promovida pola Asociación Leoira en Rianxo, e “apoiamos todas as alegacións e protestas que se leven a cabo para defender o dereito á mobilidade e á dignidade dos nosos pobos”. Engaden que “Galicia non se defende dende un despacho en San Caetano, deféndese na estrada, nos autobuses, nos colexios e nos hospitais”.

    Outros artigos

    Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

    A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

    +

    Publicidade

    Revista en papel

    Opinión

    “Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

    “Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

    Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

    O Barbanza
    Resumo de privacidade

    Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.