UCIN Galicia denuncia a creación de perfís falsos en redes sociais con fins de acoso e desacreditación política

14 Outubro 2025


José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia, advertiu nun comunicado sobre “manobras organizadas contra o proxecto político da formación no ámbito municipal”. Explicou que “desde UCIN Galicia queremos denunciar publicamente a aparición e difusión de perfís falsos en redes sociais que teñen como finalidade clara o ataque e a desacreditación do noso grupo político, nun intento de obstaculizar o noso traballo e minar a nosa credibilidade ante a cidadanía”.

José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia

Explicou que estas prácticas, que xa tiveron lugar durante as eleccións municipais de 2023, repítense agora “con maior intensidade e planificación, o que evidencia unha estratexia dirixida a impedir que proxectos políticos limpos e afastados dos intereses dos grandes partidos poidan avanzar con liberdade”.

“Estamos a sufrir ataques sistemáticos dende o anonimato, a través de contas falsas que difunden mentiras e insultos coa intención de silenciarnos. Non o van conseguir. A cidadanía merece políticos que falen claro e loiten pola transparencia, non campañas de difamación propias doutras épocas”, declarou José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia.

Sinalou que UCIN Galicia rexeita con contundencia os seguintes puntos:

-A utilización de identidades falsas para atacar a representantes políticos lexítimos.

-O uso de ferramentas dixitais para sementar odio, manipular a opinión pública ou intoxicar o debate democrático.

-A permisividade institucional ante prácticas que poñen en risco a saúde democrática da vida municipal.

Accións legais en estudo

UCIN Galicia está a recoller información e evidencias sobre estes feitos e valora presentar as correspondentes denuncias penais por inxurias e calumnias (art. 208 e seguintes do Código Penal) e por suplantación de identidade (art. 401), delitos contra a honra e a intimidade, entre outros posíbeis tipos delituosos. Así mesmo, estudaranse accións civís por danos morais causados pola difusión de contidos falsos ou ofensivos, e instarase ás autoridades competentes a investigar a orixe destes perfís e o posible uso de recursos públicos ou institucionais na súa difusión.

Chamamento á cidadanía
“Facemos un chamamento á cidadanía a manter unha actitude crítica fronte a este tipo de prácticas e a non contribuír á súa difusión. A política debe centrarse no debate limpo, nas propostas e no ben común, non no acoso nin na mentira”, sinalaron dende UCIN Galicia, engadindo que “seguiremos traballando con firmeza por unha política municipal transparente, limpa e afastada das dinámicas caciquís que durante anos dominaron a vida institucional en moitos concellos”.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.