Sábado 11, tempo estable e soleado baixo influencia anticiclónica

10 Outubro 2025

Este sábado, con ceos despexados e lixeiro ascenso das temperaturas

A situación meteorolóxica permanecerá estable durante a xornada do sábado 11, Nosa Señora de Begoña, , coa influencia do anticiclón centrado ao norte de Galicia e a presenza de aire frío en altura sobre a Península Ibérica.

En xeral, os ceos estarán pouco nubrados ou despexados, aínda que se formarán bancos de néboa matinal no interior e nubes de evolución pola tarde na metade sur, que poderán deixar algún chuvasco illado, localmente treboento na provincia de Ourense.

As temperaturas mínimas manteranse sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso, favorecendo unha sensación térmica máis suave.

O vento soprará frouxo do leste-nordés, con intensidade moderada no litoral norte e refachos fortes na zona de Bares durante a mañá.

DOMINGO SEN CAMBIOS , SOL E TEMPERATURA ALTA,

METEOGALICIA

O noso mar: Vento do leste á mañá, do norte á tarde e do nordés á noite, forza 2 a 3 á mañá e á noite e 1 a 3 á tarde. Mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.