Rois pon en marcha o programa “Adestra a túa saúde”

21 Outubro 2025

O Concello de Rois pon en marcha o programa Adestra a túa saúde, unha iniciativa da Xunta de Galicia que ten como obxectivo “mellorar o benestar das persoas maiores de 60 anos mediante a práctica regular de actividade física”.

A través deste programa, as persoas sedentarias de máis de 60 anos serán derivadas dende o centro de saúde ao promotor deportivo municipal. Este realizará unha avaliación individualizada do seu estado físico e elaborará un plan de exercicio personalizado, adaptado ás necesidades e capacidades de cada persoa participante e atendendo ás instalacións e recursos existentes no municipio de Rois e na súa contorna.

O seguimento das persoas participantes realizarase durante nove meses coa idea de incorporar o exercicio físico aos seus hábitos cotiáns .

O promotor deportivo atenderá as persoas participantes no programa no multiúsos de Rois os martes e xoves de 10.00 a 13.00 horas. Estas citas fixaranse só dende o centro de saúde, polo que o Concello de Rois recomenda consultar co médico de familia no caso de algunha persoa queira beneficiarse do programa.

Con esta iniciativa, o Concello aposta “pola prevención e o envellecemento activo, promovendo un estilo de vida máis saudábel”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.