Ribeira avalía a súa incorporación ao proxecto piloto Migramar Proemprego

29 Outubro 2025


A concelleira de Emprego e Xuventude de Ribeira, Carmen Pérez, mantivo este 29 de outubro unha reunión con representantes da ONG Movemento pola Paz para coñecer o proxecto piloto Migramar Proemprego, financiado pola Fundación La Caixa.

Susana Fernández e Beatriz García, delegada e responsábel da ONG, respectivamente, explicaron á edil, acompañada da orientadora laboral Carolina Pampín e da traballadora social Silvia Sanjurjo, as liñas estratéxicas da iniciativa co obxectivo de que o Concello avalíe a súa incorporación.

Migramar Proemprego ten como obxectivos principais a regularización da situación das persoas inmigrantes e o emprego no sector do mar. Inicialmente, está dirixido a un total de 15 persoas da área de influencia de Barbanza e Noia, menores de 30 anos, procedentes de países da costa do norte de África e con algún tipo de experiencia previa no mundo da pesca.

O cronograma do proxecto arranca a comezos do 2026 coa capacitación dixital e a formación en idiomas para, antes do inicio do verán, comezar coa formación profesional no sector. A selección das persoas participantes farase previamente a través dunha enquisa que acredite que cumpran os requisitos para asistir ao proxecto.

A edil titular das áreas de Emprego e Xuventude, comprometeuse a estudar a viabilidade do proxecto en Ribeira, pois “resulta unha iniciativa moi interesante para regularizar a situación de xente moza a través da formación e o emprego no sector do mar dada a demanda que hai de traballo e, especialmente, tendo en conta que somos o principal porto de baixura de toda Europa.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.