Quico Cadaval e Mofa & Befa levan aos escenarios “Os dous de sempre” de Castelao (con estrea en Rianxo)

01 Outubro 2025

A única obra narrativa do artista máis senlleiro de Rianxo, Alfonso D. Rodríguez Castelao, Os dous de sempre, contará cunha nova adaptación teatral a cargo do dúo cómico Mofa & Befa, formado por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, baixo a dirección do ribeirense Quico Cadaval.

Estamos perante a última proposta de Producións Teatrais Excéntricas, que conta co apoio da Xunta de Galicia ao abeiro das axudas á creación escénica 2025, e que está a preparar estes días os ensaios no Gaiás cara a súa estrea o vindeiro 17 de outubro en Rianxo, como xa apuntamos vila natal do autor.

A Cidade da Cultura acollía esta mañá do mércores 1 de outubro, a presentación da montaxe e máis o anuncio das primeiras citas dunha xira que levará o espectáculo por escenarios de toda Galicia. O

director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez, participaron no acto xunto a todo o equipo de Mofa & Befa: Os dous de sempre.

Nesta nova versión das aventuras de Pedriño e Rañolas, completa o elenco interpretativo Josito Porto, en tanto que Carme Varela asina a dramaturxia; Baltasar Patiño, o espazo escénico e lumínico; Carlos Alonso, os figurinos; Bernardo Martínez, a música; e Sonia García, os materiais de fotografía e vídeo.

Pola súa banda, Jacobo Sutil salientou a aposta deste proxecto por adaptar un dos grandes clásicos da literatura galega, dándolle unha nova vida no teatro, co engadido de que estará nas mans dunha das parellas de actores máis queridos polo público galego, con máis de trinta anos de traxectoria nos escenarios, e como unha “magnífica achega desde as táboas ao Ano Castelao que celebramos neste 2025”, sinalou. Subliñou tamén que Mofa & Befa “son xa posuidores dunha marca propia que se asocia cun teatro divertido, accesíbel, apto para todos os perfís, pero sen renunciar a fornecer o noso panorama escénico con interesantes pezas desde o punto de vista das dramaturxias ou da dirección actoral”.

Producións Teatrais Excéntricas construíu os seus últimos éxitos adaptando para o teatro grandes figuras da literatura galega. Así, en anos anteriores o público puido gozar da teatralidade de O Porco de Pé, de Vicente Risco, ou de Auto do Castromil, de Manuel María, con máis de 120 funcións por toda a xeografía galega. Nesta ocasión, Mofa & Befa encárganse de darlles vida a Pedriño e Rañolas, dous personaxes concibidos por Castelao na súa faceta de humorista gráfico. Amigos inseparábeis, son ao tempo antagónicos: un soñador idealista fronte un materialista conformista. O humor do polígrafo rianxeiro bebe da mesma fonte popular e rebelde que alimenta a

traxectoria do dúo Mofa & Befa, herdeiro dos bufóns medievais, do circo, do cinema mudo e do cabaret. A súa relación rememora as grandes parellas cómicas e literarias da historia: Quixote e Sancho, Jacques o Fatalista e o seu patrón ou Don Celidonio e o Doutor Alveiros.

Indo á xira de Os dous de sempre, sinalar as primeiras datas confirmadas, desde a súa estrea o 17 de outubro no Auditorio Municipal de Rianxo, pasando por: Moaña (18 de outubro), Arteixo (día 24), Ourense (día 25, dentro do programa do Festival Internacional de Teatro), Sada (día 26) e Ames (día 31). En novembro chegará á Sala Artika de Vigo (do 1 ao 5) e a Narón (día 29). Xa en decembro, a Padrón (día 6) e Lugo (día 11). Tres destas funcións, as que terán lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns, no Pazo da Cultura naronés e no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, teñen ademais apoio adicional da Xunta no marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios. A distribución continuará en 2026 cunha parada a salientar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña os días 15 e 16 de maio.

Outros artigos

“España, dos estrellas. Alberto Barciela

ESPAÑA, DOS ESTRELLAS Este país es imposible inventarlo. Ni Azcona con sus guiones, ni Berlanga con sus corrosivas estampas de lo cotidiano, ni Picasso con sus trazos fragmentados, ni Dalí con sus deformados dibujos, ni Valle con sus esperpentos, ni Carandell con sus...

+

Martes 21, xornada de sol e lixeiro ascenso das máximas

Xornada con tempo maioritariamente seco, solleiro e de corte estival tanto na capital galega como en todo o litoral sur, aínda que coas habituais brétemas matinais da época. As Rías Baixas: o sol gañará a partida ás brétemas costeiras No litoral atlántico, a xornada...

+

Persoa trasladada logo dun incendio nunha cociña en Rianxo

Unha persoa foi evacuada ao Hospital Clínico de Santiago tras un lume que queimou a campá extractora e os mobles da cociña dun piso na rúa de Xosé María Brea Segade, en Rianxo. Foi a Policía Local a que informou ao 112 Galicia do incendio dez minutos despois das 5...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

“La estrella y el Mundial”. José Antonio Constenla

Ha terminado el Mundial y uno tiene la sensación de haber asistido a uncampeonato extraordinario pese a quienes lo organizaban. Porque, mientrasmillones de personas seguían con pasión cada partido, la maquinaria del fútbolmundial parecía empeñada en recordarnos que el...

“O pano negro” – Lois Alcayde Dans

“O pano negro” – Lois Alcayde Dans

Supoño que, como lle ocorre a moita xente, cando abro o meu álbum familiar máis vello, as fotos en branco e negro teñen de paisaxe tanto o campo como a cidade. Ambos aparecen coa normalidade do mesmo paso do tempo. Nas imaxes, o escenario de fondo faise difícil de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.