Publicada no DOG a resolución de festas laborais locais para o ano 2026

30 Outubro 2025

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves 30 de outubro a resolución que dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2026 en Galicia inhábiles para os efectos laborais, retribuídas e non recuperábeis.

As Festas da Guadalupe en Rianxo

En canto ás sete grandes cidades, os festivos locais marcados na Coruña son o 17 de febreiro (martes de Entroido) e o 7 de outubro (festividade do Rosario); en Ferrol, o 7 de xaneiro (festividade de San Xiao) e o 6 de abril (Nosa Señora de Chamorro); e en Santiago de Compostela, o 17 de febreiro (martes de Entroido) e o 14 de maio (Ascensión).

No caso de Lugo, os festivos elixidos son o 17 de febreiro (martes de Entroido) e o 5 de outubro (San Froilán), mentres en Ourense tamén escollen o 17 de febreiro e logo optan polo 11 de novembro (San Martiño). En relación coa cidade de Pontevedra, as datas de festas laborais serán o 18 de febreiro (Mércores de Cinza) e o 11 de xullo (San Bieito). Pola súa banda, Vigo terá como festivos locais o 28 de marzo (festa da Reconquista) e o 17 de agosto.

Resto de festivos

Dos outros 12 festivos restantes, á marxe dos locais, nove son de carácter obrigatorio e non substituíbeis a non ser que coincidan en domingo: 1 de xaneiro, Venres Santo, 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro. No ano 2026 hai dous festivos nacionais de carácter obrigatorio que coinciden en domingo: o 1 de novembro e o 6 de decembro, que son substituídos polo 19 de marzo e 24 de xuño.

Os outros tres festivos de carácter nacional son opcionais, é dicir, poden ser substituídos polas comunidades autónomas: o 6 de xaneiro, que en Galicia nunca se cambia, agás que coincida en domingo; o Xoves Santo (que en 2026 se celebrará o 2 de abril), que na Comunidade galega non se modifica de xeito tradicional; e dáselle a opción ás comunidades de escoller como opcional entre o 19 de marzo e o 25 de xullo. A Xunta sempre elixe o 25 de xullo, xa que é o Día Nacional de Galicia, tal e como quedou establecido polo Decreto 8/1978, do 10 de xullo.

Concellos do Barbanza e da contorna

Boiro: 16 de xullo, festividade do Carme; 31 de agosto, festividade de San Ramón.

Carnota: 20 de marzo, festa local de Carnota; 7 de decembro, festa local de Carnota.

Dodro: 6 de abril, Luns de Pascua; 7 de setembro, festa da Virxe das Dores.

Lousame: 10 de agosto, San Lourenzo; 2 de outubro, San Roquiño.

Muros: 29 de xuño, festa de San Pedro; 16 de xullo, festa do Carme.

Noia: 16 de febreiro, Luns de Entroido; 16 de xullo, festa da Virxe do Carme.

Outes: 18 de febreiro, Mércores de Cinza; 29 de setembro, San Miguel.

Padrón: 6 de abril, Luns de Pascua; 6 de maio, San Xoán do Raio.

Pobra do Caramiñal, A: 17 de agosto, Luns do Carme dos Pincheiros; 21 de setembro, Luns do Nazareno.

Porto do Son: 16 de febreiro, Luns de Entroido; 9 de setembro, festa local de Porto do Son.

Rianxo: 16 de xullo, festa do Carme; 18 de setembro, Venres de Guadalupe.

Ribeira: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de xullo, O Carme.

Rois: 6 de abril, Luns de Pascua; 15 de maio, Santo Isidro Labrador.

Galicia contará con 12 festivos autonómicos e 2 locais en 2026, incluíndo San Xosé, San Xoán e o Día de Galicia

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.