Protección Civil e os bombeiros retiran en Oleiros un niño de velutinas (e tamén en Boiro)

01 Outubro 2025

O Grupo de Emerxencias e Protección Civil Municipal de Ribeira (GAEM) informou dunha intervención de seguridade cidadá realizada na parroquia de Oleiros. Segundo comunicou o grupo, este 30 de setembro os efectivos do GAEM e a dotación do Parque de Bombeiros de Ribeira (Consorcio Provincial) neutralizaron un niño de vespa velutina no interior dunha cheminea nunha casa na parroquia de Oleiros.

A vespa velutina ou vespa asiática é unha perigosa especie invasora que ademais de achegar riscos para a poboación, diminúe a poboación de abellas e vespas autóctonas, cos problemas ambientais que isto carrexa ao frear a necesario polinización, alén de mermar a produción de mel.

Recoméndase á poboación que de localizar un niño se poñan en contacto co servizo local de Protección Civil ou co 112.

Informar tamén que os bombeiros do Parque de Boiro retiraron nestes comezos do outono niños de vespa velutina en vivendas de Boiro, Rianxo e Dodro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.