Pontón avanza que o BNG proporá a inclusión nos Orzamentos dun “Plan Baixo Ulla” cun investimento de 10 M€ en dous anos

24 Outubro 2025

A portavoz nacional, Ana Pontón, avanzou este venres 24 de outubro que o BNG vai defender a inclusión nos Orzamentos 2026 da Xunta do “Plan Baixo Ulla”, unha iniciativa que suporía o investimento de 10 millóns de euros nos próximos dous anos, segundo dixo en Pontecesures, onde mantivo primeiro unha reunión coa alcaldesa, Maite Tocino, e o seu equipo de Goberno e, a continuación, participou no acto organizado polo Bloque con motivo do Día Internacional contra o Cambio Climático, ao que tamén asistiron a propia rexedora e as deputadas Montserrat Prado e Rosana Pérez, así como responsábeislocais e comarcais no Baixo Ulla.

Explicou que o “Plan Baixo Ulla” artéllase sobre dez grandes liñas de actuación, entre as que destacou as relacionadas co coidado do río, con medidas concretas que permitirían reducir a carga contaminante do ecosistema do Ulla.

De igual xeito, destacou a planificación do desenvolvemento dos solos empresariais nesta área xeográfica, a creación dunha marca propia que identifique o turismo de calidade do Baixo Ulla ou a posta en marcha dunha iniciativa cultural que aglutine a todas as personalidades vinculadas a este espazo xeográfico, entre os que citou a Seoane, Rosalía ou Castelao, e que “podería ser tamén un eixo de desenvolvemento”.

“Esta é unha iniciativa importante para nós que imos levar aos Orzamentos da Xunta, onde imos propoñer que se invistan nos próximos dous anos 10 millóns de euros que permitan o desenvolvemento económico, social e de sustentabilidade do Baixo Ulla, unha zona que ten un valor moi importante e que necesita ese apoio por parte do Goberno galego”, afondou.

A portavoz nacional tamén defendeu as propostas do BNG para facer fronte á emerxencia climática, entre elas, o denominado “Plan Ríos Rías” para a rexeneración destes ecosistemas, a aposta por un cambio de modelo forestal a través dun monte multifuncional e a creación dunha Axencia do Clima e a Meteoroloxía.

Neste sentido, explicou que o “Plan Ríos Rías” deseñado polo Bloque posibilitaría a recuperación medioambiental e a rexeneración destes ecosistemas para garantir un bo estado das augas, o que permitiría recuperar a súa produtividade e os seus usos sociais e ambientais, dada a súa importante función ecosistémica.

En segundo lugar, avogou por “deixar atrás a política forestal fracasada do Goberno do PP”, apostando por un novo modelo articulado sobre un monte multifuncional e vivo que garante o futuro do medio rural. “Non podemos seguir cun modelo fracasado que, ademais, nos pon en risco como vemos cada verán cos incendios”, advertiu.

Por último, destacou como terceira proposta que a Xunta reclame as competencias en meteoroloxía para crear unha Axencia do Clima e da Meteoroloxía que permita abordar o reto do cambio climático impulsando políticas específicas con este obxectivo e desenvolvendo estudos neste ámbito de actuación. “En definitiva, ter máis instrumentos para enfrontar un dos grandes problemas que temos neste País e que ten a humanidade como é o desafío da emerxencia climática”, sintetizou.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.