Pontecaldelas dá voz á inclusión e ao coidado ambiental coa chegada de AmiRíos (Amicos)

09 Outubro 2025

A inclusión social e o respecto polo medio ambiente déronse a man este 9 de outubro en Pontecaldelas coa chegada da exposición itinerante AmiRíos, unha iniciativa promovida pola Asociación Amicos e financiada por Augas de Galicia que busca sensibilizar sobre a importancia de conservar os ríos galegos e a súa biodiversidade. O alumnado do CEIP Manuel Cordo Boullón foi o protagonista dunha xornada de sensibilización ambiental na que, a través de xogos e dinámicas guiadas polos axentes medioambientais de Amicos —persoas con discapacidade intelectual que exercen un papel activo como activistas ambientais—, puideron aprender sobre o ciclo da auga, o funcionamento dos ecosistemas fluviais e boas prácticas para un consumo responsábel.

O alcalde de Pontecaldelas, Andrés Díaz, destacou que “estamos encantados de atoparnos hoxe nesta paraxe, a coroa do noso municipio, nunha xornada como esta. Sempre é positivo contar con este tipo de actividades de concienciación sobre os nosos ríos, e máis cando implica a persoas con discapacidade”.

Pola súa banda, Patricia Montes, técnica de Conservación Fluvial de Augas de Galicia, sinalou que “dende Augas de Galicia consideramos que é vital implicar e concienciar aos máis pequenos na defensa e protección dos nosos ríos, á vez que coñecen o funcionamento de determinados servizos esenciais como son o abastecemento e o saneamento a través do ciclo da auga”.

Desde Amicos, agradeceuse o apoio do Concello e do centro educativo, subliñando que “encantados de que AmiRíos chegue a unha das xoias medioambientais de Galicia, o río Verdugo. Grazas a Augas de Galicia e ao Concello de Pontecaldelas podemos sensibilizar a escolares da zona sobre a importancia de preservar a natureza e como as persoas con discapacidade intelectual desempeñan un papel destacado no coidado medioambiental”.

Un proxecto que percorre Galicia para concienciar

A exposición AmiRíos está composta por tótems informativos que explican os retos e as riquezas dos ríos galegos, destacando o seu papel esencial na sostibilidade ambiental e social. O seu obxectivo é achegar este coñecemento á cidadanía, en especial á poboación escolar, fomentando unha actitude respectuosa e comprometida coa natureza.

Durante os meses de setembro e outubro, a mostra pasou por diferentes concellos galegos como Ribeira, Caldas de Reis, Boiro; e continuará por Lousame, A Pobra do Caramiñal, Pontecaldelas, Meis e Pontevedra.

Educación ambiental e acción directa

O proxecto AmiRíos vai máis alá da sensibilización: tamén inclúe xornadas de voluntariado e intervencións en ríos como o Soñora, Artes, Rego do Tállara, Lérez, Sar ou Quintáns, nas que se traballa na restauración da vexetación autóctona e na eliminación de especies invasoras. Estas accións están lideradas polas Ecobrigadas de Amicos, un equipo de persoas con discapacidade que demostran día a día que inclusión e sostibilidade poden e deben avanzar da man.

Outros artigos

O PIE dos concellos do Sar-Ulla logra unha inserción laboral do 38%

Os alcaldes de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Catoira e Valga participaron este venres no acto de clausura do Programa Integrado de Emprego Dodro 2025-2026, no que un cento de persoas desempregadas dos ditos termos municipais recibiron durante nove meses...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.