“OTAN. De entrada, non hai saída (para Trump)”. Antón Luaces

10 Outubro 2025

No ano 1986, España celebrou un referendo sobre a súa permanencia no seo da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) cuxo acceso tanto custara no seu tempo ao socialista Felipe González, na súa condición de presidente de España.

A resposta maioritaria da cidadanía española con dereito a voto a esa consulta foi netamente favorable á continuidade que agora, no seu segundo mandado coma presidente dos Estados Unidos, Donald Trump tenta interromper. 

Así o manifestou o xoves -antes de que se decidira en Suecia a gañadora do premio Nobel da Paz que arelaba o propio Trump- ao sinalar nunha das súas moitas absurdas propostas, que “se debería formular a expulsión de España da OTAN”. 

Deixando ben sentado o meu desinterese por esa pertenza -talvez o mellor xeito de recuperar a soberanía nacional sobre as bases de Rota e Torrejón de Ardoz- ei dicir que penso que unha boa parte, senón a maioría dos españois, darían por boa a ruptura desta dependencia actual que España ten do organismo militar que conta con Donald Trump coma comandante en xefe (no sei ata cando).

É tan soberbio e ignorante (recoñezo que é unha miña persoal crenza) o señor Trump, que descoñece que o Artigo 13 dese tratado establece que o único xeito de abandonar a OTAN é vontario, mediante unha notificación formal do Goberno de Estados Unidos.

Non existe ningún mecanismo de expulsión nen cláusulas que permitan suspender ou excluir a un país por incumprimento de compromisos políticos, militares ou financeiros. 

A saída vontaria da OTAN require ter pasados polos menos 20 anos desde a adhesión e un prazo de 12 meses desde a notificación ata que a saída sexa efectiva. 

Nos 75 anos de historia da OTAN, ningún país foi expulsado do seu seo. Obviamente a negativa a Trump do Nobel da Paz debe ser para el un duro golpe á súa vaidade. Pero seguro que a recupera aplicando máis altos aranceis ao xamón, unha carne de cocho que nós temos en alto aprecio e que en USA se paga a bo prezo.

A OTAN baséase no principio de consenso: calquera troco no tratado require unanimidade. A carne de cocho só é cuestión de saber valorar o porco. Amiguiños polo seu prezo.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.