Os socialistas de Rianxo levan ao pleno iniciativas para avanzar en benestar, xustiza veciñal e deporte

25 Outubro 2025

O Grupo Municipal Socialista de Rianxo anunciou que presentará no pleno da Corporación varias iniciativas orientadas a mellorar o benestar da veciñanza, impulsar o desenvolvemento urbanístico e garantir instalacións deportivas seguras e de calidade. O PSOE de Rianxo reclama actuacións urxentes no Campo de Fútbol de Vilas, onde, sinalan, “o deterioro da herba sintética impide o uso en boas condicións e supón un risco para as persoas usuarias”. E engaden: “Este espazo é fundamental para a vida social e deportiva do municipio, xa que acolle cada semana a centos de familias e rapaces que participan en actividades deportivas e formativas”. Para o PSOE local, “a mellora do campo é unha cuestión de seguridade, pero tamén de compromiso co deporte base e coa convivencia comunitaria”.

Así mesmo, os socialistas propoñen unha avaliación técnica do Campo da Lomba, co obxectivo de “planificar con responsabilidade o seu mantemento e substitución futura, asegurando que as instalacións deportivas de Rianxo manteñan un estándar de calidade axeitado ao uso que reciben”.

En materia urbanística, o grupo propón modificar a ordenanza que regula a parcela Z1, eliminando a obriga de reservar o 20% das vivendas como protección oficial. “Esta medida”, din, “busca ofrecer seguridade xurídica aos propietarios, facilitar o avance do planeamento e abrir novas oportunidades para o desenvolvemento de vivenda no municipio”.

O Grupo Socialista tamén pon o foco “na situación fiscal de moitos veciños e veciñas que viron incrementado o IBI ata nun 300%, mesmo sen realizar melloras nas súas vivendas”, avanzan, engadindo que “solicitamos explicacións públicas sobre o convenio que o Concello asinou coa Dirección Xeral do Catastro no marco do programa PLACO, para aclarar as causas destas subas e garantir que se actúe con transparencia e xustiza social”. Ademais, consideran “necesario” unificar criterios nas achegas veciñais ás obras de saneamento e abastecemento, “evitando desigualdades que non teñen xustificación técnica”.

O Grupo Municipal Socialista reitera o seu “compromiso de seguir transformando as demandas da veciñanza en propostas útiles e reais para mellorar o día a día en Rianxo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.