“Os nenos seguen a morrer en Palestina a causa das bombas israelís”. Antón Luaces

19 Outubro 2025

Este ano, non. E, case que seguro, o ano próximo tampouco: Donald Trump chorará unha outra vez amargamente a perda do premio Nobel da Paz por segundo ano consecutivo, debido a que as tropas do seu amjgo Netanyahu non deixan de matar nenos palestinos cando viaxaban nun minibús cara a súa casa no barrio gazatí de Zeitún. Entre as 11 vítimas (todas elas membros dunha familia) figuran sete cativos. Todos foron acribillados no día que se cumpriu unha semana do alto o fogo nos ataques israelís á franxa de Gaza. Sete días que dejxan un balanzo de 38 gazatís mortos e 143 feridos.  

Membros de Defensa Civil non foron quen de recuperar os corpos de dous dos sete nenos que viaxaban no minibús ata onte, case 24 horas despois de perpetrado o ataque por militares de Israel. Os seus corpos estaban destrozados e os cans xa comeran partes deles, xunto ao cadáver  partido en dous dun pequeno.

Esta é a paz coa que Trump pretendía gañar o Nobel. Hamás denunciou o venres que Israel violara en 47 ocasións o acordo de alto o fogo con distintos ataques á poboación e algunhas detencións.

 A BBC recompilou informacións  que evidencian que máis de 160 nenos recibiron disparos na guerra de Gaza entre o comezo do conflito en outubro de 2023 e xullo deste ano. Algúns deses disparos foron realizados por francotiradores.

Israel prohibe aos xornalistas estranxeiros entrar en Gaza pola súa conta

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.