O PSOE de Rianxo consegue a aprobación dunha proposta para mellorar e planificar as actuacións nos campos de fútbol municipais

31 Outubro 2025

O PSOE de Rianxo compartiu un comunicado no que debulla os detalles da proposta que presentou (e finalmente conseguiu aprobar) dirixida a avanzar na renovación urxente da herba sintética do Campo Municipal de Vilas e planificar as actuacións necesarias no Campo Municipal da Lomba, “co obxectivo de garantir unhas instalacións deportivas seguras, modernas e axeitadas para o uso diario de clubs, escolas e deportistas”.

Indican que a proposta “dá resposta a unha demanda reiterada pola veciñanza e polos clubs locais, que levan tempo alertando da degradación progresiva das instalacións municipais, especialmente no Campo de Vilas, onde o desgaste do céspede xa condiciona a práctica deportiva e incrementa o risco de lesións”.

O acordo establece que a substitución da herba de Vilas se financie a través do POS Adicional 4/2025 da Deputación da Coruña, cun investimento estimado de 227.000 euros, asumindo o Concello de Rianxo con fondos propios a parte que poida superar esa cifra.

Na 2ª fase deste POS Adicional incluirase o financiamento de investimentos financeiramente sostíbeis, e o prazo de presentación da documentación para esta segunda fase esténdese desde o 3 de novembro ata o 30 de decembro de 2025 ás 15:00 horas.

En canto ao Campo Municipal da Lomba, o PSOE de Rianxo subliña “a importancia de incrementar e mellorar as tarefas de mantemento, xa que a situación actual comeza a amosar desperfectos en zonas puntuais do terreo de xogo, máis aló do estado xeral da
herba”. Estes defectos, engaden os socialistas, “de non seren corrixidos a tempo, poderían derivar nun deterioro prematuro e nun gasto innecesario para as arcas municipais”.

O PSOE engade que a proposta tamén inclúe a realización dunha valoración técnica do Campo da Lomba, que permita determinar a vida útil restante do céspede, planificar a súa renovación —situada orientativamente no ano 2028— e reforzar o mantemento preventivo nos próximos anos para garantir condicións seguras e adecuadas de xogo.

Os socialistas quixeron destacar “o papel fundamental dos clubs, das directivas e das familias, que durante anos teñen asumido o coidado, o mantemento e a dinamización destas instalacións, facendo posíbel que o deporte de base siga sendo un motor social e educativo en Rianxo”.

O PSOE considera que “este acordo debe supoñer un punto de inflexión na planificación das infraestruturas deportivas municipais, marcando un cambio de rumbo que combine previsión, coidado e responsabilidade pública”.

“Non se trata só de renovar, senón de coidar e planificar. O deporte de base en Rianxo precisa instalacións seguras e dignas do esforzo dos nosos clubs e das familias. Agora é o momento de actuar con previsión e responsabilidade”, sinalou o voceiro socialista Óscar Rial.

Outros artigos

Ribeira e Santiago encabezan a vaga de solidariedade co pobo de Ceuta

A praza do Obradoiro congregou a centos de persoas diante de Raxoi, mentres que a veciñanza ribeirense respondeu á chamada institucional fronte á casa consistorial. Os actos enmarcáronse na convocatoria estatal da FEMP ante a crise migratoria e social que atravesa a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.