O espectáculo “Tremendo Show!” recala en Ribeira o vindeiro 29 de novembro

31 Outubro 2025

As risas están garantidas en Ribeira o 29 de novembro, coa chegada ao Auditorio Municipal do Tremendo Show! un espectáculo baixo o formato de comedia instantánea que chega ao municipio da man de A Cantaruxa, coa colaboración da Concellería de Cultura. Ambas partes organizadoras estiveron representadas pola edil Ana Barreiro e David Sampedro, xerente da referida promotora local.

A ribeirense Susana Sampedro, Antón Coucheiro, Sheyla Fariña, Alfonso Medina e Arturo Cobas serán os encargados de encher de humor o novo Auditorio no 29 de novembro, ás 21.00 horas.

As portas para o acceso abriranse media hora antes.

Os veteranos TheMomento e as novas fenómenas As Teimas reuniranse nun mesmo escenario para compartir historias que parten das suxestións do público e o elenco improvisará escenas no momento.

“Teremos en Ribeira un espectáculo de primeiro nivel con rostros moi coñecidos do panorama cultural galego, onde non faltará a marca ribeirense da man da talentosa Susana Sampedro. Comedia e improvisación van da man neste show co que apostamos por dinamizar a vida cultural do noso municipio neste outono xunto co resto de propostas xa argalladas”, en palabras da concelleira de Cultura.

Doutra banda, David Sampedro, indicou que o espectáculo xa tivo varias funcións en Galicia, sendo a súa estrea na Sala Capitol, en Santiago de Compostela.

As entradas comezarán a venderse de forma anticipada no luns, 3 de novembro, ás 09.00 horas. Farase simultaneamente de maneira online en www.ataquilla.com como presencial na Oficina de Atención Cidadá da casa consistorial. Para aquelas persoas que opten por adquirilas nas dependencias municipais, o horario será de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas.

O prezo sitúase nos 12 euros, máis gastos de xestión, para a venda anticipada, mentres que na billeteira do Auditorio o propio día da función, e dende unha hora antes do espectáculo, será de 18 euros, máis gastos de xestión.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.