O conselleiro de Sanidade anuncia que O Barbanza contará cunha nova ambulancia medicalizada a partir de 2026

21 Outubro 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, avanzouque os Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano recollen unha partida de 460.000 euros para poñer en marcha no Hospital de Barbanza unha nova ambulancia medicalizada ao servizo desta comarca.

O titular da carteira sanitaria da Xunta, acompañado polo xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Ángel Facio, realizou unha visita ao Hospital Público de Barbanza, para estar co director do distrito sanitario, Hugo Pérez, e intercambiar impresións cos responsábeis médicos e a xunta de persoal.

O conselleiro dixo que “o compromiso do Goberno galego é firme con este hospital e esta comarca, posto que os orzamentos da Xunta para 2026 destinan máis de 900 millóns de euros para a área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, o que supón un incremento do 7,3 % con respecto ao 2025, permitindo atender varias demandas e reforzando a capacidade do hospital para continuar a ofrecer unha atención sanitaria de máxima calidade”.

Gómez Caamaño apuntou que “o vindeiro ano a Xunta porá en marcha o proxecto para crear neste centro da rede do SERGAS un hospital de día oncohematolóxico, co propósito de evitar que os pacientes de cancro desta comarca teñan que desprazarse a Santiago para as consultas máis rutineiras e para recibir os tratamentos máis sinxelos”.

O conselleiro explicou que o seu departamento “xa conta cun plan funcional, e que xa está reservado o espazo para que, antes de que remate este ano, se licite a redacción do proxecto para que o hospital de día comece a coller forma no 2026”.

Para redactar o proxecto, a Xunta destinará ao redor de 100.000 euros aos que se engadirán outros 1,5 millóns de euros para a realización das obras.

Anunciou ademais que a Xunta tamén acometerá outra actuación “moi necesaria neste hospital”, como “é a mellora da eficiencia enerxética a través da renovación das envolventes do edificio, obra á que a Xunta destinará un millón de euros”.

Así mesmo, anunciou que a Xunta adquirirá un novo mamógrafo por medio dun investimento de máis de 326.000 euros, unha vez que cumpriu o compromiso de dotar un novo ecógrafo, estando xa adxudicado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.