O Concello do Son conclúe as obras da EDAR de Xuño, mellorando a eficiencia e o control do proceso de depuración

07 Outubro 2025
oplus_34

O Concello de Porto do Son vén de finalizar as obras de mellora na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Xuño, unha actuación financiada pola Deputación da Coruña a través do POS+ Adicional 2/2022 cun investimento total de 93.593 euros.

Os traballos realizados consistiron na substitución do sistema de bombeo existente por outro de iguais prestacións en canto á capacidade de impulsión, pero, segundo informou o Concello, “máis axeitado á xeometría e ao espazo dispoñíbel”.

Ademais, procedeuse á instalación dun depósito semisoterrado.

A actuación incluíu tamén unha mellora importante en relación á automatización e ao control da planta coa instalación dunha estación remota de telecontrol, que comunica os dispositivos de automatización local cos sistemas remotos. Incorporouse tamén un sensor de detección de alivios e unha sonda de osíxeno.

Ademais, renovouse a caldeiraría en aceiro inoxidábel, dotándoa da valvularía necesaria para o correcto funcionamento da instalación e o seccionamento das conducións, de maneira que se poidan retirar as bombas para reparación e/ou substitución sen interromper o servizo.

O cadro de bombeo quedou preparado para dúas bombas, arrancadores, seccionador de corte en carga xeral, proteccións eléctricas magnetotérmicas para cada bomba, protección contra sobretensións e cableado e un servizo de alarma vía SMS.

Outros artigos

Pepita Vidal Pérez: a costureira que descubriu a poesía aos 62 anos

Luís Pérez Crujeiras (texto). Ribeira, 22 de xaneiro de 1948. A vida de Pepita Vidal Pérez é unha historia de esforzo, oficio e talento inesperado. Nacida nunha familia humilde, traballou desde nena na tenda familiar mentres a súa nai estaba na praza do mercado,...

+

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.