O Concello de Rois renova ata 2026 o convenio coa Asociación de Persoas Xordas de Santiago

02 Outubro 2025

O Concello de Rois e a Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela formalizaron este 2 de outubro a renovación do convenio de colaboración que estará vixente ata o 31 de decembro de 2026. O alcalde, Ramón Tojo Lens, e a presidenta da entidade, Fátima Granja Fernández, formalizaron o acordo que dá continuidade ao traballo conxunto iniciado en anos anteriores.

A través deste convenio, o Concello de Rois comprométese a apoiar o mantemento dos servizos da asociación cunha achega de 1.000 euros, repartidos en dúas anualidades de 500 euros correspondentes a 2025 e 2026. O obxectivo principal é “garantir o bo funcionamento da entidade e contribuír á eliminación das barreiras de comunicación, favorecendo a igualdade de oportunidades e a plena participación das persoas xordas e xordocegas na sociedade”.

A Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela, constituída en 1977, é unha organización sen ánimo de lucro que traballa para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade auditiva e das súas familias, promovendo a integración en ámbitos como o educativo, o laboral e o social. O convenio permitirá seguir reforzando “este labor tamén no ámbito territorial de Rois, asegurando que a veciñanza dispoña de recursos que faciliten unha vida cotiá máis accesible e inclusiva”, sinalaron dende o Concello.

Coa sinatura deste acordo, o Concello de Rois reafirma o seu compromiso coa inclusión social e co apoio a entidades que, como a Asociación de Persoas Xordas, desenvolven un papel fundamental na defensa dos dereitos e na promoción da diversidade.

Outros artigos

Martes 16, brétemas costeiras e nubes e claros

A inestabilidade atmosférica continuará este martes nas Rías Baixas e en Santiago, cunha xornada marcada polas brétemas costeiras e polos intervalos de nubes e claros no interior. As temperaturas non experimentarán cambios significativos ou mesmo rexistrarán un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lume e destrución” – José Manuel Pena

“Lume e destrución” – José Manuel Pena

Os montes quéimanse por falta de compromiso das diferentes Administracións Públicas. A comezos de cada verán repítese a mesma película, lume e destrución da contorna natural por falta de prevención. A Xunta de Galicia, así como cada un dos Concellos e Mancomunidades...

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

El Papa llamó a las fuerzas políticas a que dialoguen de forma civilizada. “La pluralidad política no debería degenerar en descalificación permanente del adversario…La firmeza no exige desprecio y la discrepancia no conlleva humillación del contrario”, dijo el...