O Concello de Ribeira mellora o firme dun tramo do camiño dos Paramos

28 Outubro 2025

O Concello de Ribeira executou as tarefas de pavimentación no camiño que vai do cruce de acceso ao cemiterio parroquial de Castiñeiras ata o lugar de Paramos. Nas semanas previas procedeuse coa roza e limpeza, retirada do firme anterior e preparación do terreo, para, no día de onte (luns 27 de outubro), rematar a actuación coa aplicación de aglomerado en quente nunha superficie de 3627,60 metros cadrados.

A empresa Nemesio Ordóñez, S.A. é a adxudicataria desta actuación por un importe de 61.516,52 euros ao abeiro dunha subvención do Plan Camiña Rural 2025-2026, da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), que aporta 53.008,13 euros, mentres que o restante vai con cargo ás arcas municipais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.