O Concello de Muros continúa o seu plan de mellora do saneamento na marxe dereita de Serres

03 Outubro 2025

O Concello de Muros xa comezou as obras de saneamento na marxe dereita de Serres, que contan cun orzamento de 170.609,14 euros. “Trátase”, sinalaron a alcaldesa María Lago e a concelleira de Obras, Laura Rivadeneira, “doutro paso máis no noso obxectivo de mellorar o saneamento en Muros, levando o servizo a zonas que carecían del e mellorando a rede existente”.

“É un servizo prioritario que repercute ademais nunha actividade moi importante no noso concello, como é o marisqueo”, engadiu a rexedora.

Pola súa banda, Rivadeneira lembrou que “tamén comezarán nas próximas datas os traballos de saneamento de Ribeira do Maio (250.000 euros) e unha actuación para o saneamento e a renovación do pavimento da rúa Real (238.300 euros)”.

Cando chegou ao Goberno local no verán do ano 2023, María Lago fixouse entre as súas principais prioridades o saneamento no concello: “A día de hoxe, o investimento na rede neste mandato xa supera os 1,5 millóns de euros e as actuacións continuarán nos próximos meses”, sinalou.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.