O BNG de Boiro solicita no pleno que se paralice o cobro das liquidacións do Plan Parcial de Barraña

14 Outubro 2025

O grupo municipal do BNG leva ao pleno unha moción para paralizar o cobro das liquidacións provisionais remitidas aos propietarios e propietarias do Plan Parcial de Barraña (SURPP B1 e B2).

A portavoz Raquel Suárez Regades pide que sexa revogado o acordo da xunta de Goberno local do 23 de xuño e se convoquen reunións informativas cos afectados, así como medidas de aprazamento ou fraccionamento dos pagos para evitar, sinala, “cargas inasumíbeis para a veciñanza”.

Sinalan tamén que “de existir, no futuro, calquera outro tipo de liquidación de gasto que afecte ás propietarias e propietarios, se leven a cabo polo Concello de Boiro reunións informativas tendentes a evitar o cobro sorpresivo de importes, en moitos casos imposíbeis de asumir, para as veciñas e veciños do municipio, artellando asemade medidas de aprazamento ou fraccionamento no pago dos importes reclamados que na medida do posíbel non supoñan maiores gastos para os e as titulares de parcelas incluídas no Plan Parcial de Barraña”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.