O BNG acusa ao PP de empregar a técnica do “copia e pega” para as súas mocións de censura en Outes e en Ribeira

30 Outubro 2025

O BNG de Outes, a través do seu voceiro Anxo Núñez, vén de emitir un comunicado no que acusa ao PP de ter feito “un copia e pega coas súas mocións de censura en Outes e en Ribeira, un copia e pega que é probábel que se tivera escrito dende Santiago”, sinala a agrupación, engadindo que “así o demostra un vídeo da moción de censura de Outes que coincide, palabra por palabra, co presentado noutros concellos coma Ribeira”. O BNG, que puxo o vídeo en cuestión na Rede para quen queira visualizalo (con frases e parágrafos enteiros que se repiten punto por punto) sinala que son máis de cinco minutos que indican “que as mocións de censura veñen dende a sede do PP en Santiago e non atenden á realidade municipal, só pretenden satisfacer os intereses electoralistas do seu partido á conta de toda a veciñanza”.

Anxo Núñez remata as súas declaracións coa seguinte pregunta: “Se non se molestan o máis mínimo en facer unha moción de censura que argumente, en cada caso, os motivos… Como se van a molestar en gobernar e preocuparse polos intereses da veciñanza de Outes?”

Outros artigos

Este venres 11, máis sol co avance do día e temperaturas en ascenso

O reforzo da influencia anticiclónica e a entrada de circulación de vento do nordés marcarán a predición meteorolóxica deste venres, garantindo unha xornada de tempo seco e progresivamente máis despexado. Durante as primeiras horas da mañá predominarán as nubes baixas...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.