Muros presentou máis de 40 actividades e actuacións medioambientais na súa candidatura ás Bandeiras Verdes

27 Outubro 2025

Muros renovou os días pasados a Bandeira Verde polas súas boas prácticas medioambientais e, con motivo de distinción da Xunta (que tamén recibiron Boiro, Carnota, Porto do Son, Ribeira e A Illa), o Concello aproveitou para facer balance das súas iniciativas recentes a prol do medio natural.

“No caso de Muros, presentamos máis de 40 actividades e actuacións”, explica a alcaldesa de Muros, María Lago, responsábel tamén da área municipal de Medio Ambiente, salientando o feito que os concellos interesados en obter esta importante distinción deben notificar á Xunta un mínimo de seis actividades ou actuacións nos últimos catro anos relacionadas coa protección medioambiental.

“É unha tarefa conxunta coidar o patrimonio natural de Muros, pero desde o concello temos a obriga e a responsabilidade de liderar e impulsar estas actividades”, engade.

Nos últimos dous anos, desde o Concello priorizáronse as actuacións de mellora da rede de saneamento; a renovación do punto limpo e o reforzo do punto limpo móbil; o reparto de composteiros para a veciñanza; as campañas de limpeza das praias, ou as xornadas de eliminación de flora exótica invasora, entre outras iniciativas.

Ademais, María Lago lembrou que “aumentaron tamén as actividades de formación nos centros educativos, “poñendo en valor entre os nenos e a mocidade a educación ambiental como ferramenta para xerar conciencia e accionar cambios en prol do medio ambiente”, remata a alcaldesa de Muros.

Na imaxe, xornada de eliminación de especies invasoras na praia de Ancoradoiro coa colaboración de ADEGA

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.