Boiro, Carnota, Muros, Porto do Son, Ribeira e a Illa de Arousa, entre os concellos con Bandeira Verde 2025

14 Outubro 2025

Un total de 33 municipios galegos, entre eles Boiro, Carnota, Muros, Porto do Son e Ribeira, conseguiron as Bandeiras Verdes de Galicia 2025, un selo da Xunta que distingue o esforzo local pola paisaxe, a eficiencia enerxética, a educación ambiental e a xestión responsable dos recursos. Na outra beira da ría a Illa de Arousa está tamén entre os que recibiron o galardón,

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, participou hoxe en Mos no acto de entrega das Bandeiras Verdes de Galicia, que cualificou como “un exemplo do compromiso dos concellos e da súa veciñanza coa terra”.

“Este é un acto de amor pola nosa terra, no que enviamos unha mensaxe de que non só os responsables municipais senón o conxunto dos veciños están comprometidos con ter un concello fermoso e sostible. Concienciados con esa mentalidade verde de Galicia fermosa, Galicia bonita, de esa Galicia Calidade”, afirmou o titular do Goberno galego.

A Bandeira Verde de Galicia, creada pola Xunta en 2020, consolidouse como un distintivo pioneiro a nivel estatal, sendo Galicia a primeira comunidade autónoma con un selo propio que distingue o esforzo local pola paisaxe, a eficiencia enerxética, a educación ambiental e a xestión responsable dos recursos.

Na súa sexta edición, o programa acada unha cifra récord con 33 concellos recoñecidos, o que supón un incremento do 40% respecto ao ano pasado. A provincia da Coruña lidera a clasificación con 15 municipios galardoados, mentres que Lugo, Ourense e Pontevedra contan con seis localidades cada unha.

Rueda destacou que esta distribución “amosa que a Bandeira Verde é unha ferramenta de cohesión territorial”, ao permitir que tanto municipios do interior como do litoral poidan acceder ao mesmo recoñecemento.

Entre os concellos distinguidos este ano figura Mos, recoñecido pola presentación de once iniciativas sostibles, como o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible, proxectos de mobilidade activa, medidas de eficiencia enerxética, xestión responsable da auga e programas de educación ambiental.

Durante o acto, o presidente avanzou a creación en 2026 da Rede de Concellos Bandeira Verde de Galicia, unha estrutura de cooperación que permitirá compartir boas prácticas, desenvolver proxectos conxuntos e ofrecer apoio técnico e económico aos municipios adheridos. A Rede contará cun foro anual de expertos e cunha páxina web de referencia, co obxectivo de reforzar o posicionamento de Galicia en Europa como territorio comprometido coa paisaxe e a sostibilidade.

Rueda enmarcou esta iniciativa dentro da nova Estratexia Galega da Paisaxe Horizonte 2030, que está a elaborar o Instituto de Estudos do Territorio. A estratexia integrará a protección da paisaxe en ámbitos como a ordenación do territorio, a mobilidade, o turismo e a educación, co propósito de facer da paisaxe un eixo transversal do desenvolvemento sostible e da identidade galega.

“O obxectivo é que a conservación da paisaxe, que é tanto como dicir a conservación de Galicia e dos seus concellos, estea presente en todas as políticas públicas”, concluíu o presidente da Xunta.

A nova alcaldesa de Ribeira co Presidente da Xunta, no primeiro acto trala toma de posesión como rexedora de Ribeira

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Carta real a los Magos”. José Castro López

“Carta real a los Magos”. José Castro López

Después del mensaje real aparecieron dos clases de exégetas. Los que aplauden suspalabras sin darse por aludidos y los críticos que nunca defraudan y reproducen lavaloración negativa de años anteriores, que repetirán la siguiente Nochebuena.Lo cierto es que el Rey...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.